Mundo
Un proxecto permitirá introducir o ensino da lingua véneta na educación secundaria dunha localidade italiana
Un proxecto desenvolvido pola asociación Academia Bona Creansa permitirá que un total de 111 alumnas e alumnos de ensino medio da localidade italiana de Trissino poidan aprender a lingua véneta durante o mes de marzo.
Fonte: Miur Istruzione
Cae o número de matrículas en cursos de linguas estranxeiras nos EUA
A Asociación de Linguas Modernas dos EUA realizou un estudo que revela un acusado descenso no número de matrículas en cursos de linguas estranxeiras en centros de ensino universitario.
Letonia aproba unha lei que obriga ao ensino en letón nas escolas rusas
O Parlamento de Letonia aprobou unha lei que obriga as escolas das minorías lingüísticas a introducir o letón como lingua de instrución.
Fonte: TASS
O uso do bielorruso no sistema educativo cae de xeito acusado en Biolorrusia
Unicamente o 13 % das persoas en idade escolar ten o bielorruso como lingua de instrución en Bielorrusia e a presenza desta lingua no ensino continúa a diminuír en favor do ruso.
Fonte: Belarus Digest
O Goberno de Hong Kong baixa os estándares lingüísticos para acceder a postos públicos
O Goberno da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong acaba de baixar os estándares lingüísticos en lingua chinesa para facilitar o acceso a 22 tipos de postos de funcionariado público.
Fonte: Staffing Industry Analysts
O Goberno de Columbia Británica destinará axudas á preservación das súas linguas indíxenas
O Goberno da provincia canadense de Columbia Británica, na costa oeste do país, anunciou que destinará fondos públicos para a preservación e documentación das súas linguas indíxenas.
Fonte: The Tyee
Unha iniciativa cidadá pola salvagarda das minorías lingüísticas en Europa está a piques de chegar ao millón de sinaturas
A iniciativa cidadá "Minority SafePack" que defende a salvagarda das minorías culturais e lingüísticas de Europa vai polo camiño de chegar ao millón de sinaturas para poder trasladar a súa causa á Comisión Europea.
Fonte: Galicia Confidencial
Un partido populista quere que o alemán pase a ser considerado idioma nacional na Alemaña
O partido populista de dereitas Alternativa para a Alemaña (AfD, polas súas siglas en alemán) quere aprobar unha lei que fixe o alemán como lingua nacional coa intención de protexelo da irrupción e implantación de palabras anglófonas.
Fonte: Deutsche Welle
Un estudo revela que aprender unha segunda lingua podería ser beneficioso para as persoas autistas
Un estudo desenvolvido na Universidade McGill, no Canadá, revelou que as nenas e os nenos autistas poderían atopar beneficios na aprendizaxe dunha segunda lingua.
Fonte: Crescer
O Brasil celebra a Semana da Lingua Alemá
Diferentes iniciativas culturais porán en valor a lingua e cultura alemás no Brasil na Semana da Lingua Alemá, evento organizado polas embaixadas de Austria, Alemaña, Luxemburgo, Suíza e Bélxica.
Fonte: Terra
Boletín
Subscríbase ao boletín