Mundo
O Ministerio de Educación de Portugal permitiralles aos formadores de lingua de signos acreditarse como docentes
Os formadores de lingua de signos en Portugal poderán acreditarse como docentes, tal como se acordou nas negociacións entre o Ministerio de Educación e os sindicatos do ensino.
Fonte: RTP
Escolares de toda Irlanda do Norte maniféstanse a favor dunha lei que protexa os falantes de gaélico
Escolares de primaria e secundaria manifestáronse diante da Asemblea de Irlanda do Norte para demandar unha lei que garanta os dereitos dos falantes de gaélico.
Fonte: Irish Mirror
Publican unha versión do himno canadense cunha linguaxe máis inclusiva
O Senado do Canadá aprobou unha lei que permite adoptar unha linguaxe non sexista no himno nacional.
Fonte: NPR
Varios estudos revelan as semellanzas entre os paxaros e os humanos na adquisición de sons para a fala
Varios estudos de diferentes universidades estranxeiras revelaron que as zonas do cerebro dos paxaros que se ocupan da produción dos sons son moi similares ás dos seres humanos.
Fonte: Scientific American
O Goberno de Theresa May está considerando ofrecer as probas de cidadanía en córnico
Fontes do Goberno de Theresa May anunciaron que se está considerando que o exame de cidadanía británica poida ofrecerse a partir de agora en lingua córnica.
Fonte: Cornwall Life
Publícase un dicionario da lingua da cidade brasileira de Belo Horizonte
Con motivo da celebración dos 120 anos de Belo Horizonte, capital do estado de Minas Gerais, acaba de publicarse un dicionario que reúne palabras e conceptos propios do portugués desta cidade.
Fonte: UAI
Un concurso premiará obras escritas en portugués por autores lusófonos de todo o mundo
O premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa, organizado no Brasil por Itaú Cultural, está dirixido a autores lusófonos de calquera lugar do mundo. Poderán presentarse obras de diferentes xéneros literarios que foran publicadas por primeira vez en 2017.
Fonte: O Globo
Un estudo revela que o xeito de empregar as palabras dunha lingua pode indicar o estado anímico de quen a fala
Un estudo elaborado na Universidade de Reading revelou que o uso que facemos de certas palabras ou a intensidade ao pronuncialas poderían indicar o estado anímico ou psicolóxico das persoas.
Fonte: Teen Vogue
Un grupo de lingüistas descobre unha lingua descoñecida en Malaisia
Un grupo de lingüistas da Universidade de Lund, en Suecia, atopou unha lingua indocumentada en Malaisia, coñecida co nome de jedek, que é falada por tan só 280 persoas.
Fonte: SCI News
A nova lei educativa de Luxemburgo incluirá novas opcións para a aprendizaxe de linguas
O ministro de Educación de Luxemburgo, Claude Meisch, anunciou as novidades da nova lei de educación do Gran Ducado que incluirá, entre outras cousas, a opción de que o alumnado escolla entre dous niveis de lingua francesa e alemá.
Fonte: Delano
Boletín
Subscríbase ao boletín