Mundo
Asínase un acordo nos EUA para o ensino regrado da lingua portuguesa
O Instituto Camões asina un acordo co Consello Americano para o ensino internacional para cooperar en todo aquilo que ten que ver coa aprendizaxe da lingua e cultura portuguesas.
Fonte: RTP
Macedonia pediralle á Comisión de Venecia do Consello de Europa que emita un ditame sobre a súa lei de linguas
O Goberno de Macedonia enviaralle a súa polémica lei sobre linguas oficiais á Comisión de Venecia do Consello de Europa, órgano consultivo no ámbito do dereito constitucional.
Fonte: Xinhuanet
A Comisión de Venecia emite un ditame sobre a lingua de instrución na comunidade húngara de Ucraína
A Comisión de Venecia do Consello de Europa emitiu un ditame que rexeita a declaración do Goberno de Hungría de poder empregar exclusivamente o húngaro no ensino público de Ucraína en zonas de minoría húngara.
Fonte: Interfax
Os estudantes que falan inglés como lingua adicional no Reino Unido mostran mellores resultados académicos
O Ministerio de Educación do Reino Unido revelou que o alumnado británico que ten o inglés como lingua adicional mostra en xeral mellores resultados académicos que aqueles que o teñen como idioma materno.
Fonte: Quartz
A BBC lanza novos servizos de noticias en linguas africanas
A BBC acaba de lanzar un novo sitio de noticias radiofónicas en tres novas linguas africanas (amhárico, oromo e tigriña) e un servizo para a aprendizaxe do inglés en Etiopía e Eritrea.
Fonte: Modern Ghana
Inaugúrase unha nova canle de radio en lingua galesa
A BBC acaba de lanzar Radio Cymru 2, unha nova canle de radio en lingua galesa que ofrecerá espazos de música e entretemento.
Fonte: BBC News
Un estudo revela que zonas do cerebro son responsables da adquisición lingüística
Un estudo elaborado pola Academia Nacional das Ciencias de Washington (EUA) revelou que a adquisición lingüística ten lugar nos circuítos do cerebro que se empregan para outros aspectos como memorizar unha lista da compra ou aprender a conducir.
Fonte: Xinhua Net
Taiwán aproba unha norma que obriga ao ensino dunha lingua nacional na educación secundaria
O Ministerio de Educación de Taiwán aprobou unha lei que introduce o ensino dunha lingua nacional na educación secundaria. A norma tenta preservar e promover o uso de linguas nacionais minorizadas.
Fonte: Language Magazine
As sesións plenarias da Asemblea da República portuguesa deberán ser traducidas á lingua de signos
Tras a aprobación dunha proposta do grupo parlamentario do Bloco de Esquerda, a Asemblea da República de Portugal deberá transmitir a partir de agora as sesións plenarias con tradución en lingua de signos.
Fonte: Diário de Notícias
Volve unha nova edición do festival Correntes d'Escritas en Póvoa de Varzim
A vila portuguesa de Póvoa de Varzim volve acoller unha nova edición do Correntes d'Escritas dedicado á literatura de expresión ibérica.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín