Mundo

Impulsan unha iniciativa para recoñecer as linguas indíxenas como idiomas oficiais en México

Un deputado mexicano promoveu unha iniciativa para reformar a Constitución co obxectivo de recoñecer as linguas indíxenas como oficiais en México, igual que o español.

Fonte: UniRadio Informa

Celébrase o día mundial do sistema de lectura e escritura Braille

O Día Mundial do Braille instaurouse no ano 2000 co obxectivo de concienciar sobre a integración das persoas con discapacidade visual. Celébrase o 4 de xaneiro, data que coincide co aniversario do nacemento do seu creador, Louis Braille.

Fonte: Diario de Morelos

Os novos criterios lingüísticos endurecen a obtención da nacionalidade suíza

A nova Lei de nacionalidade fai máis difícil conseguir o pasaporte suízo. As persoas candidatas á súa obtención deben dominar a lingua local (francés, alemán ou italiano, segundo a rexión), xa que deben estar en posesión do nivel A2 para escritura e B1 para oralidade.

Fonte: SwissInfo

India prepárase para afrontar os custos de converter o hindi en lingua oficial das Nacións Unidas

A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o seu país está listo para afrontar os custos que suporá que a lingua hindi se converta nun dos idiomas oficiais das Nacións Unidas.

Fonte: Wiki Tribune

A festa das ikastolas do País Vasco francés celebrarase no mes de maio

A festa das ikastolas do País Vasco francés, Herri Urrats, terá lugar o 13 de maio de 2018 en Senpere baixo o lema 'Prefosta'. Os beneficios deste ano destinaranse ao colexio Manex Erdozaintzi Etxart, que une a alumnado de Zuberoa e Baixa Navarra.

Fonte: eitb.eus

Unha profesora crea unha academia virtual para aprender linguas en Venezuela

Unha descendente de portugueses crea "Mais idiomas", unha academia virtual de aprendizaxe de idiomas centrada na promoción da lingua e cultura portuguesas.

Fonte: Notícias ao Minuto

A Sociedade da Lingua Galesa critica que o galés só se use un 12 % do tempo na Asemblea de Gales

A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) criticou con dureza o escaso uso que se fai da lingua galesa na Asemblea de Gales. Segundo as estimacións da organización, o galés é a lingua dos debates só un 12 % do tempo.

Fonte: BBC

Un programa axudará a garantir un futuro para o gaélico no sur do Condado de Donegal

A Estratexia da Lingua Gaélica, consensuada polas comunidades de fala irlandesa que viven na zona sur do Condado irlandés de Donegal, permitirá garantir un futuro prometedor para o gaélico irlandés.

Fonte: Donegal Democrat

Unha empresa desenvolve un método que permite usar o mongol electronicamente

Unha empresa da Rexión Autónoma chinesa de Mongolia Interior acaba de crear un método de entrada que permitirá por primeira vez que os falantes de mongol poidan empregar a súa lingua en liña.

Fonte: Xinhua Net

O presidente de Casaquistán salienta a importancia do coñecemento da lingua rusa

O presidente de Casaquistán, Nursultan Nazarbayev, declarou nun discurso oficial que aprender ruso continúa sendo importante para a república centroasiática.

Fonte: TASS

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder