Mundo
Un estudo revela que escoitar linguas estranxeiras mentres durmimos pode axudarnos a aprendelas
Un estudo realizado nas universidades de Múnic e Friburgo revelou que escoitar gravacións en linguas estranxeiras mentres durmimos podería ser beneficioso para a aprendizaxe das mesmas.
Fonte: Independent
Un estudo revela que as linguas dravídicas de Asia teñen unha antigüidade de 4500 anos
Un estudo científico publicado na revista Royal Society Open Science revelou que as linguas dravídicas, faladas na súa maior parte no sur da India, teñen unha antigüidade de 4500 anos.
Fonte: Phys
O presidente de Francia protagoniza unha campaña para fomentar o uso do francés no mundo
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, iniciou unha campaña para fomentar o uso do francés en todo o mundo, especialmente en África e no ámbito dixital.
Fonte: The Guardian
Un estudo demostra que existe un vínculo entre as diferentes linguas indíxenas de Australia
Un estudo elaborado nas universidades australianas de Newcastle e Western Sydney demostra que existe unha ligazón entre as diferentes linguas indíxenas de Australia. O resultado desta investigación podería ter implicacións importantes para a historia cultural deste país de Oceanía.
Fonte: The University of Newcastle
A aprendizaxe de linguas estranxeiras diferentes ao inglés cae en Finlandia
O estudo das linguas estranxeiras diferentes ao inglés, como o sueco, o alemán e o francés, segue diminuíndo en Finlandia, tal como mostran as baixas matrículas que se rexistran no ensino secundario do país nórdico.
Fonte: YLE
O Goberno do País de Gales fomentará a aprendizaxe da lingua galesa no ámbito laboral
No marco do seu programa de promoción da lingua galesa para acadar o millón de falantes en 2050, o Goberno do País de Gales destinará cartos públicos ao fomento da aprendizaxe do galés no ámbito laboral entre a poboación adulta.
Fonte: FreePress
O Senado de Paraguai incorporará o guaraní en documentos e informacións oficiais
A Cámara de Senadores subscribiu un convenio coa Fundación Yvy Marae’y co obxectivo de incorporar a utilización do guaraní nas actividades lexislativas, así como en documentos e informacións da Cámara Alta. Con este acordo preténdese conseguir un uso equilibrado e equitativo das dúas linguas oficiais de Paraguai: o castelán e o guaraní.
Fonte: Itapúa Noticias
O inglés colle forza nas universidades dinamarquesas
O alumnado universitario dinamarqués ten cada vez máis materias en inglés. De acordo coa oficina estatística do país escandinavo, un 43 % dos universitarios e universitarias recibe xa as clases nesta lingua.
Fonte: CPH Posto Online
Rusia critica con dureza a nova lei letoa que obriga a instruír en letón nas escolas
Representantes do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia informaron de que a nova lei do Goberno de Letonia que obriga as escolas das minorías lingüísticas a instruír en letón podería empeorar as relacións bilaterais entre os dous países.
Fonte: The Baltic Times
A lingua portuguesa sairá reforzada no espazo iberoamericano
A Organización dos Estados Iberoamericanos e os Institutos Politécnicos asinaron un acordo para reforzar a lingua portuguesa no espazo iberoamericano.
Fonte: Diário de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín