Mundo
O portugués afiánzase como lingua estratéxica no ensino francés
Grazas a un convenio asinado polos gobernos de Francia e Portugal, o portugués estase afianzando como lingua estratéxica no sistema educativo da República francesa.
Fonte: Bom dia
O estado de Pernambuco participa nun programa de intercambio para o ensino de linguas estranxeiras
A Secretaría de Educación do Estado de Pernambuco (Brasil) participa no programa de intercambio de lingua española e alemá "Ganhe o Mundo" dirixido a alumnado de ensino medio.
Fonte: Destak
Un estudo revela que mesturar varias linguas durante o proceso de adquisición bilingüe é positivo
Un estudo científico sobre o ámbito das linguas revela que é normal que as nenas e os nenos educados en varios idiomas os mesturen nos primeiros anos da adquisición lingüística.
Fonte: The Conversation
Luanda acolle unha exposición itinerante do Museo da Lingua Portuguesa
A cidade angolana de Luanda acolle unha exposición do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que pretende mostrar a historia e a diversidade desta lingua no mundo.
Fonte: Notícias ao Minuto
O presidente de Cabo Verde quere promover o valor internacional da lingua portuguesa
O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, defendeu a promoción do portugués a nivel internacional e apostou polo seu potencial social, económico e humano.
Fonte: Jornal de Notícias
O Goberno de Gales publica unha lista normalizada de topónimos
A oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, publicou unha lista normalizada de nomes de lugar que deberá pór fin ás dúbidas e disputas sobre a súa escritura.
Fonte: BBC
Indonesia quere que os traballadores estranxeiros dominen o indonesio
O presidente de Indonesia, Joko Widodo, aprobou un decreto que simplificará o proceso para poder traballar no país mais introducirá a obriga de aprender formalmente a lingua indonesia.
Fonte: The Straits Times
Escolas de primaria de Cornualles introducen o ensino da lingua córnica
Actualmente menos de 500 persoas poden falar córnico con fluidez. Co fin de aumentar esta cifra e asegurar a supervivencia da lingua, algunhas escolas de educación primaria de Cornualles introducen o ensino do córnico como parte do seu currículo.
Fonte: ITV
Publícase o primeiro dicionario do idioma zapoteco
Sae á luz o primeiro volume do dicionario do idioma zapoteco que inclúe vocábulos de 62 variantes desta lingua do estado mexicano de Oaxaca.
Fonte: Almomento
A mancomunidade de municipios do País Vasco francés recoñece o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio
A mancomunidade de municipios do País Vasco francés, Euskal Elkargoa, aprobou por maioría absoluta recoñecer, xunto ao francés, o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio.
Fonte: Eitb
Boletín
Subscríbase ao boletín