Mundo
O presidente de Francia elixe a escritora Leïla Slimani como embaixadora da lingua francesa
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, nomeou a galardoada escritora Leïla Slimani para representar e promover a lingua e cultura francesas no mundo.
Fonte: The Guardian
Mobilizacións demandan na República de Tatarstán que o ensino do tártaro sexa obrigatorio nas escolas
Diferentes mobilizacións demandaron na cidade de Kazán, na República rusa de Tatarstán, que a lingua tártara poida ensinarse obrigatoriamente nas escolas.
Un proxecto que fomenta a aprendizaxe de linguas en Gales recibe un premio no Reino Unido
O programa MFL de linguas modernas recibiu un premio do Reino Unido polo seu labor á hora de concienciar o alumnado de ciclo medio de Gales na importancia de cursar linguas estranxeiras durante a secundaria.
Fonte: BBC
China sobe na clasificación mundial de dominio da lingua inglesa
De acordo coa axencia educativa Education First (EF), China sitúase agora no posto 36 no que respecta ao dominio da lingua inglesa, a súa mellor posición da historia.
Fonte: GB Times
A oficina estatística do Canadá revela que as linguas indíxenas precisan de medidas para seren revitalizadas
A oficina estatística do Canadá revelou que, a pesar do incremento poboacional rexistrado polas comunidades indíxenas, as súas linguas teñen cada vez unha situación máis feble.
Fonte: Language Magazine
Un grupo de docentes en Francia avoga por unha lingua máis inclusiva
Un grupo de 314 profesoras e profesores de francés mostrou o seu rexeitamento ante a negativa da Academia Francesa de aceptar mudanzas normativas que convertan o francés nunha lingua máis inclusiva en cuestións de xénero.
Fonte: The Telegraph
A igrexa ortodoxa de Chipre fará a primeira misa en lingua de signos do país
Por primeira vez na historia de Chipre, a igrexa ortodoxa organizará a primeira celebración litúrxica en lingua de signos co fin de que as persoas con dificultades auditivas poidan ter acceso a este servizo relixioso.
Fonte: News in Cyprus
Crean unha aplicación en Angola para aprender a lingua kimbundu
Un grupo de educadores angolanos creou a aplicación Alfabantu que lle permitirá ao público infantil aprender e afianzar o kimbundu, unha das linguas nacionais de Angola.
Fonte: Tecnologia IG
Unha profesora do estado canadense de Alberta loita para salvar a lingua beaver da extinción
Victoria Wanihadie, profesora do estado canadense de Alberta, está loitando contra o reloxo para salvar a lingua beaver que está a piques de desaparecer.
Fonte: CBC
As reformas da educación en Luxemburgo poderían afectar ao potencial lingüístico dos escolares luxemburgueses
Un grupo de expertos en educación de Luxemburgo defende que as últimas reformas introducidas no ensino poderían pór en risco a situación privilexiada do Gran Ducado no que respecta ao dominio das linguas estranxeiras.
Fonte: Delano
Boletín
Subscríbase ao boletín