Mundo
Publican un libro que defende unha teoría innovadora sobre a orixe da linguaxe
Un investigador da Universidade Bentley de Massachusetts (EUA) publicou o libro How language began que defende que a linguaxe comezou en tempos do homo erectus, algo que resulta revolucionario xa que contradí a teoría dominante que afirma que se desenvolveu co homo sapiens.
Fonte: The Economist
Un estudo revela que a aprendizaxe das linguas pode influír na maneira de analizar as cores
Un investigador da Universidade Birbeck de Londres publicou un libro no que afirma que as linguas que falamos ou aprendemos poden influír o xeito de vermos e analizarmos as cores.
Fonte: Business Insider
As linguas estranxeiras pasarán a ofertarse como optativas na India
O Ministerio de Educación da India anunciou que, a partir do próximo ano académico, idiomas estranxeiros como o alemán ou o francés pasarán a ofertarse de xeito optativo como cuartas ou quintas linguas.
Fonte: India Today
Un acordo levará a lingua guaraní á televisión dixital arxentina
Un acordo asinado entre o Ministro do Sistema Federal de Medios e Contidos Públicos de Arxentina e o titular da Secretaría de Información e Comunicación da Presidencia da República de Paraguai permitirá promover o uso do idioma guaraní por medio da retransmisión de contidos nesta lingua en varias plataformas dixitais arxentinas.
Hungría pedirá que a UE cuestione as súas relacións con Ucraína pola súa polémica lei en materia lingüística
O ministro de Asuntos Exteriores de Hungría, Peter Szijjarto, declarou que vai pedirlle á Unión Europea que poña en cuestión as súas relacións con Ucraína despois de que este último país aprobase unha lei que prohibe o uso das linguas minoritarias nas escolas do país.
Fonte: REUTERS
Nova Gales do Sur aproba leis para promover e revitalizar as linguas aborixes
O Parlamento de Nova Gales do Sur en Sidney aproba as primeiras leis en Australia que garantirán a promoción e revitalización das linguas aborixes faladas no estado.
Fonte: ABC
A Semana Cultural de China en Macau acolle obras de teatro en portugués
O programa da Semana Cultural de China e dos Países de Lingua Portuguesa que se celebra en Macau acollerá unha mostra de teatro en lingua portuguesa organizada polo Instituto Portugués de Oriente (IPOR, polas súas siglas en portugués).
Fonte: Ponto final
Un estudo revela que a linguaxe que empregamos cos bebés comparte trazos en todas as linguas
Un grupo de investigadores da Universidade de Princeton publicou un estudo que revela que a linguaxe que empregamos para dirixirnos aos bebés garda uns trazos que son comúns a todas as linguas.
Fonte: News Medical
Demandan máis escolas de lingua galesa na cidade de Cardiff
O grupo de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg criticou a municipalidade de Cardiff polo seu escaso investimento en escolas de fala galesa na cidade. Segundo o grupo, necesitaríanse 10 novos centros para poder acadar o obxectivo do millón de falantes para 2025.
Fonte: Wales Online
Unha campaña anima a todos os galeses a iniciaren conversas en lingua galesa
Unha entidade a prol da lingua galesa anima a todos os cidadáns galeses a comezaren todas as interaccións orais en galés co fin de promover esta lingua nas conversas do día a día.
Fonte: Daily Post
Boletín
Subscríbase ao boletín