Mundo
Descende o número de falantes de linguas indíxenas no Canadá
Segundo os datos do último censo realizado no Canadá, o número de falantes de linguas indíxenas rexistrou un forte descenso. A pesar desta situación, cada vez hai máis demanda de profesores destas linguas.
Fonte: CBC
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí cunha serie de iniciativas organizadas por institucións públicas e privadas para promover o uso desta lingua no país austral.
Fonte: Atlas Obscura
Un estudo mostra que en Luxemburgo as matemáticas poden abordarse máis facilmente en alemán que en francés
Un estudo elaborado pola Universidade de Luxemburgo no Gran Ducado revela que no que atinxe á resolución de problemas complexos de matemáticas, a disciplina esixe maior tempo en francés que en alemán.
Fonte: Luxemburger Wort
A BBC quere expandir a súa influencia en África ofrecendo noticias en linguas nacionais
A Corporación de Radiodifusión Británica (BBC) está tentando estender a súa influencia en África por medio da difusión de noticias en linguas nacionais. As últimas mostras desta expansión son a apertura de sitios web en linguas nacionais de Etiopía e Eritrea.
Fonte: Quartz
Un estudo revela que as persoas cegas poden reprogramar certas partes do seu cerebro para a produción lingüística
Científicos da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) revelaron que as persoas con discapacidade visual poden dedicar ao desenvolvemento lingüístico as partes do cerebro utilizadas para a visión.
Fonte: New Scientist
O Partido Socialista portugués quere introducir o ensino doutra lingua estranxeira no ensino primario
O candidato socialista de Coímbra nas eleccións municipais, Manuel Machado, declarou que defende a introdución dunha segunda lingua estranxeira no primeiro ciclo do ensino primario.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo académico defende que o Brexit podería dar lugar a unha nova variedade da lingua inglesa
Un novo estudo académico da Universidade de Gävle, en Suecia, defende que o Brexit podería acelerar o desenvolvemento dunha nova variedade do inglés no caso de que este siga sendo a lingua franca da Unión Europea.
Fonte: Independent
O Instituto Camões e o grupo Santander Totta asinan un acordo para a promoción da lingua portuguesa
O Instituto Camões e o banco Santander Totta asinaron un protocolo de colaboración para promover bolsas de estudo en lingua portuguesa.
Fonte: dnoticias
António Costa defende o portugués como lingua oficial da ONU
No seu discurso da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas, o primeiro ministro portugués António Costa defendeu a importancia do portugués como lingua internacional e a necesidade de que se converta nun dos idiomas oficiais da institución.
Fonte: O Povo
O presidente de Romanía cancela unha visita oficial a Ucraína en protesta pola nova lexislación en materia de linguas
O presidente de Romanía, Klaus Iohannis, cancelou a súa visita oficial a Ucraína en protesta pola lei recentemente aprobada no Parlamento ucraíno que limitará o acceso á educación nas linguas nativas ás minorías presentes no país eslavo.
Boletín
Subscríbase ao boletín