Mundo
O Goberno de Australia anima as escolas infantís a ofreceren grego moderno
Un programa do Goberno de Australia aposta pola introdución das linguas comunitarias como o grego moderno no currículo das escolas infantís.
Fonte: Neos Cosmos
O mundo celebra a Semana da Lingua Italiana
O ministro de Asuntos Exteriores de Italia, Angelino Alfano, inaugurou a XVII edición da Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema deste ano é a presenza do italiano no cinema.
Fonte: Italia chiama Italia
Todas as escolas do estado indio de Karnataka deben adoptar o canarés como primeira ou segunda lingua
Segundo indicou o Ministerio de Educación do estado indio de Karnataka, a partir do próximo ano académico todos os centros educativos deberán adoptar o canarés como primeira ou segunda lingua.
Fonte: The News Minute
Sobe o investimento para o gaélico en Irlanda
O ministro de Finanzas da República de Irlanda anunciou que para o ano 2018 haberá un incremento de 2,5 millóns de euros para promover a lingua gaélica.
Fonte: Language Magazine
O Goberno de Gales creará postos de traballo nas zonas de fala galesa para evitar a emigración dos seus falantes
O ministro da Lingua Galesa, Alun Davies, declarou que o Goberno de Gales ten a intención de estimular economicamente as zonas onde hai máis falantes de galés para evitar que os máis novos emigren pola falta de oportunidades.
Fonte: BBC
Un estudo revela que o consumo de alcol pode axudar a mellorar as destrezas lingüísticas
Investigadores de dúas universidades británicas e unha neerlandesa revelaron nun estudo que o consumo de alcol pode axudar a mellorar as destrezas de produción oral nunha lingua estranxeira.
Fonte: The Telegraph
Un simposio analiza en Timor Leste aspectos relacionados coa didáctica do ensino do portugués
A Universidade Nacional Timor Lorosa'e acolle as II Xornadas Pedagóxicas do Centro da Lingua Portuguesa que analizarán diferentes aspectos relativos á lingua, literatura e didáctica do portugués no país asiático.
Fonte: Diário de Notícias
Os homes continúan dominando o campo da crítica literaria en lingua inglesa
Unha enquisa realizada por investigadores dos EUA revela que os homes seguen a dominar o ámbito da crítica literaria en lingua inglesa.
Fonte: Veja
Un académico alerta que cada vez menos escolares deciden estudar en gaélico nas illas Hébridas de Escocia
Un académico escocés alerta que cada vez menos escolares do ensino secundario optan por realizar os seus exames finais en gaélico nas illas Hébridas Exteriores.
Fonte: The Herald
Un total de 1700 especialistas da lusofonía reúnese en Santarém nun congreso mundial sobre a lingua portuguesa
A cidade portuguesa de Santarém acolle a sexta edición do Simposio Mundial de Estudos da Lingua Portuguesa organizado polo Instituto Politécnico e a Escola Superior de Educación.
Fonte: O Riba Tejo
Boletín
Subscríbase ao boletín