Mundo

Crean un atlas sonoro de linguas rexionais en Francia

Un grupo de investigadores do Centro Nacional da Investigación Científica de Francia (CNRS, polas súas siglas en francés) traduce unha fábula de Esopo a 126 variedades lingüísticas de Francia e crea coas traducións un atlas sonoro en liña de linguas rexionais.

Fonte: Lenga d'òc Info

O Goberno de Portugal presenta o programa "Empresa Promotora da Lingua Portuguesa"

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal presentou a iniciativa "Empresa Promotora da Lingua Portuguesa" co fin de fomentar o uso do portugués no estranxeiro por empresas multinacionais. Polo de agora, 11 empresas adheríronse ao programa.

Fonte: Sapo 24

Un alto cargo do Goberno de Singapur defende a importancia de aprender a lingua malaia no país asiático

O ministro singapurense Chan Chun Sing defendeu a importancia de aprender e dominar a lingua malaia, terceiro idioma oficial do país, xa que serve de ponte cultural entre a rexión e o resto do mundo.

Fonte: The Straits Times

A capital de Cabo Verde acolle un encontro dedicado a escritores en lingua portuguesa

A cidade caboverdiana de Praia acolle un encontro internacional de escritores en lingua portuguesa. En total, case 30 persoeiros de diferentes ámbitos da cultura lusófona van estar presentes.

Fonte: Sapo 24

O embaixador portugués en Cuba será o novo presidente do Instituto Camões

O diplomático Luís Faro Ramos, actual embaixador portugués en Cuba, será o novo presidente do Instituto Camões despois da marcha da actual dirixente Ana Paula Laborinho.

Fonte: Público

O estado de Utah é o segundo dos EUA que rexistra un maior aumento de falantes de linguas diferentes ao inglés

Un informe publicado polo Centro de Estudos Migratorios revelou que o estado de Utah é o segundo dos EUA que rexistra un maior crecemento de falantes de linguas diferentes ao inglés no seo familiar.

Fonte: The Salt Lake Tribune

A compañía ferroviaria británica Great Western non incluirá o galés nos anuncios dos seus novos trens

A compañía ferroviaria británica Great Western anunciou que non está entre os seus plans incluír mensaxes nin anuncios en galés na súa nova frota de trens.

Fonte: Wales Online

Bélxica creará un tribunal de comercio en lingua inglesa para lidar con casos que teñan que ver co Brexit

Bélxica constituirá un tribunal de comercio en lingua inglesa para lidar con disputas entre empresas internacionais por mor do Brexit.

Fonte: Reuters

A televisión pública italiana quere crear unha canle integramente en lingua inglesa

A televisión pública italiana (RAI) está negociando co Ministerio de Desenvolvemento Económico a creación dunha canle de televisión integramente en inglés.

Fonte: Advanced Television

As escolas bilingües bretón-francés cumpren 40 anos

As escolas Diwan de ensino bilingüe bretón-francés cumpren 40 anos na Bretaña francesa. A pesar do seu importante labor de promoción da lingua bretoa, o futuro deste idioma celta segue estando ameazado.

Fonte: Libération

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder