Mundo

O ministro de Cultura de Cabo Verde defende que o crioulo se converta en lingua oficial do país africano

O ministro de Cultura de Cabo Verde, Abraão Vicente, defendeu nunha entrevista celebrada con motivo do VII Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa a declaración do crioulo como lingua oficial do país africano.

Fonte: Diário de Notícias

A constitución de Moldavia recoñece o romanés como lingua oficial do país

O Tribunal Constitucional de Moldavia aprobou o cambio de denominación da lingua oficial do país. A partir de agora, a constitución establece que o que antes se chamaba moldavo pasa agora a denominarse romanés.

Fonte: Balkan Insight

A Academia Francesa rexeita unha norma que faría do francés unha lingua máis inclusiva

A máis alta autoridade da lingua francesa en Francia, a Academia Francesa, rexeitou as propostas de converter o francés nunha lingua máis inclusiva desde o punto de vista do xénero. Segundo a institución, os cambios significarían un "ataque mortal" para a lingua.

Fonte: France 24

Unha profesora dunha lingua indíxena do estado de Rondonia gaña o premio á mellor educadora do ano no Brasil

A profesora Elisângela Dell-Armelina Suruí recibiu a distinción de mellor educadora do ano no Brasil polo seu labor docente e os seus proxectos de alfabetización dos indios da tribo nabekodabadakiba na súa lingua materna, o paiter suruí.

Fonte: Veja

O ensino do portugués colle forza en Venezuela

Cada vez máis venezolanos deciden aprender a lingua de Camões en Venezuela. O ensino do portugués aumentou un 70% e xa existen 5000 persoas a estudalo en todo o país.

Fonte: RTP Notícias

A novela en lingua galesa está a atravesar unha época de bonanza

O Consello de Libros Galeses (WBC, polas súas siglas en inglés) informou de que a novela en lingua galesa está atravesando unha época de expansión a pesar dos estudos que mostran unha baixada no número de vendas.

Fonte: The Guardian

O novo presidente do Instituto Camões pídelles aos ministerios que asuman competencias en materia de lingua portuguesa

O novo presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, pediulles a varios ministerios que asuman as áreas de cultura e lingua portuguesas como prioritarias.

Fonte: Diário de Notícias

Un programa do Goberno de Paraguai quere salvar da extinción a lingua guaná

A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai quere evitar mediante un programa de revitalización a desaparición da lingua guaná, falada por poucos integrantes dunha comunidade indíxena do departamento de Concepción.

Fonte: Ñandutí Digital

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal pide maior compromiso de empresas e universidades na promoción do portugués

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, pediulles ao sector económico e ás universidades que mostren un maior compromiso pola promoción e desenvolvemento do portugués como lingua internacional.

Fonte: RTP

A escolla da palabra "darí" nunha páxina da BBC levanta unha fonda polémica en Afganistán

O cambio de nome nunha páxina de Facebook da BBC de "parsi" a "darí", unha das denominacións da lingua persa falada en Afganistán, levantou unha profunda polémica no país centroasiático.

Fonte: Aljazeera

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder