Mundo
Un informe alerta da necesidade de fomentar o ensino das linguas modernas no Reino Unido por mor do Brexit
Un informe de expertos do British Council alerta da urxente necesidade de promover o ensino de linguas modernas no Reino Unido dado que o Brexit podería erosionar aínda máis a xa de por si escasa capacidade lingüística dos escolares británicos.
Fonte: Tes
A República de Macedonia está a un paso de oficializar a lingua albanesa
O Parlamento de Macedonia aprobou un borrador de lei que permitiría que o albanés, falado por un cuarto da poboación do país balcánico, poida ser segunda lingua oficial.
Fonte: Fox News
Duolingo engade agora o chinés á súa oferta de idiomas
A plataforma de ensino de linguas Duolingo engadiu agora o chinés mandarín á súa oferta de idiomas e pasa a incluír un total de 27 cursos en liña.
Fonte: Digital Trends
Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa
Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa para conmemorar o aniversario do nacemento do poeta Jónas Hallgrímsson. Este ano a escritora agraciada co premio que leva o seu nome foi a novelista Vigdís Grímsdóttir, pola súa obra Vaknaðu Þyrnirós.
Fonte: Iceland Review
Timor Leste acolle un festival de cinema en lingua portuguesa
As cidades timorenses de Dili e Baucau acollerán o Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa que chega este ano á súa oitava edición.
Fonte: Jornal Tornado
Redúcese o número de auxiliares de linguas modernas en Escocia
O British Council declarou que os medos relativos ao Brexit están a provocar unha acusada baixada dos auxiliares de linguas modernas en Escocia.
Fonte: TES
O Consello de Ministros de Luxemburgo aproba unha lei que reforza o peso da lingua luxemburguesa
O Consello de Ministros de Luxemburgo aprobou unha lei que reforzará o papel da lingua luxemburguesa na sociedade. Unha das medidas será a creación do posto de comisario da Lingua Luxemburguesa.
Fonte: Wort
A illa de Pascua oficializa a lingua rapanui
O Goberno local da illa de Pascua, en Chile, aprobou unha norma municipal que converte o rapanui en lingua oficial de todo o territorio insular.
Fonte: La Tercera
Un centro de ensino de Ontario crea unha aplicación para aprender mohawk
Unha escola da provincia canadense de Ontario lanza unha ferramenta en liña que permite aprender a lingua mohawk dos nativos americanos.
Fonte: CBC
A Academia dos Óscar selecciona por primeira vez un traballo cinematográfico en lingua irlandesa
O documental Rocky Ros Muc convértese no primeiro traballo cinematográfico rodado en lingua irlandesa que competirá para os premios da Academia dos Óscar.
Fonte: RTÉ
Boletín
Subscríbase ao boletín