Mundo
Unha protesta na Asemblea de Irlanda do Norte demanda que se aprobe dunha vez por todas unha lei que protexa a lingua gaélica
Un grupo de 100 alumnos de escolas de inmersión en gaélico irlandés manifestouse ás portas da Asemblea de Irlanda do Norte para demandar que se desbloquee a situación que impide a aprobación dunha lexislación en materia lingüística.
Fonte: The Irish News
Un estudo demostra que as persoas que falan dúas linguas teñen moita máis facilidade para aprender unha terceira
Un estudo elaborado pola Universidade Georgetown de Washington demostrou que os nenos e nenas bilingües teñen moita máis predisposición para aprender unha terceira lingua que as persoas monolingües.
Fonte: Daily Mail
A BBC lanza un servizo de noticias en catro linguas da India
A Corporación de Radiodifusión Británica (BBC) continúa expandindo os seus servizos en Asia coa incorporación dun novo espazo de noticias internacionais en catro linguas da India: o panxabi, o guxaratí, o maratí e o telugú.
Fonte: BBC
Un estudo revela que os aspectos gramaticais dunha lingua cambian máis rápido que os elementos léxicos
Un grupo internacional de científicos de diferentes países realizou un estudo sobre a evolución de diferentes linguas do Pacífico e demostrou que a gramática dunha lingua cambia máis rápido que os elementos léxicos.
Fonte: EurekAlert
O Goberno da India adía a data pola que se fai obrigatorio o uso das linguas locais nos dispositivos móbiles
O Goberno da India volve adiar a data pola que se obriga os fabricantes a empregar linguas locais indias nos dispositivos móbiles. A razón deste cambio radica na dificultade de crear teclados nalgúns idiomas.
Fonte: Money Control
Google India dará máis apoio ao uso da lingua bengalí
Google India acaba de anunciar que permitirá a publicación de anuncios publicitarios en lingua bengalí co obxectivo de alcanzar un público máis amplo.
Fonte: First Post
Portugal recoñecerá as competencias dos profesores de mirandés
Un protocolo entre o municipio de Miranda do Douro, o Ministerio de Educación de Portugal e a Facultade de Letras da Universidade de Coímbra ten entre os seus obxectivos o recoñecemento da experiencia e competencias dos profesores de mirandés que levan ensinando esta lingua desde 1985.
Fonte: Renascença
O escritor británico Kazuo Ishiguro gaña o Premio Nobel de Literatura
A Academia Sueca outórgalle o Premio Nobel de Literatura de 2017 ao escritor británico, de familia xaponesa, Kazuo Ishiguro.
Fonte: The Guardian
O Tribunal de Luxemburgo absolve un cidadán que incitara ao odio por un comentario contra o ensino do portugués
O Tribunal de Xustiza de Luxemburgo absolveu un cidadán luxemburgués que estaba acusado por incitar ao odio contra portugueses por publicar un comentario contra o ensino do portugués no país.
Fonte: RTP Notícias
Google presenta uns auriculares que poden traducir un total de 40 linguas
A multinacional Google presentou uns auriculares que permiten manter unha conversa en tempo real con alguén que fala unha lingua diferente. En total, o novo dispositivo pode traducir ata 40 linguas.
Fonte: UOL
Boletín
Subscríbase ao boletín