Mundo

A canle France 3 emitirá unha serie gravada integramente en bretón

A serie de televisión Fin ar Bed, que significa "fin do mundo", será emitida integramente en lingua bretoa na canle pública de televisión France 3.

Fonte: Actu

O inglés podería desaparecer do ensino primario no cantón suízo de Lucerna

Os cidadáns do cantón suízo de Lucerna decidirán nunha votación se queren que se sigan ensinando dúas linguas estranxeiras no ensino primario. Se a opción que defende o ensino dunha soa lingua estranxeira ten apoio, a lingua inglesa pasará a impartirse só a partir do ensino secundario.

Fonte: Tribune de Genève

Un curso permite en Suecia achegar a lingua elfdaliana a persoas doutros países

Un curso na localidade sueca de Älvdalen permitiu achegar a lingua elfdaliana a 26 persoas doutras realidades lingüísticas. O elfdaliano provén do nórdico antigo e conserva particularidades arcaicas que non se atopan en ningunha outra lingua xermánica.

Fonte: The Local

Suecia contrata traballadores que non falen sueco

O forte crecemento que está a experimentar a economía sueca e a escaseza de demandantes de emprego nalgúns sectores produtivos permiten que as empresas suecas poidan contratar traballadores sen competencias firmes na lingua do país.

Fonte: La Repubblica

Un total de 21 estudantes estranxeiros asisten ao curso de lingua portuguesa de verán da Universidade de Aveiro

O Departamento de Linguas e Culturas da Universidade de Aveiro acollerá 21 estudantes estranxeiros na cuarta edición do curso intensivo de portugués "4.º Summer Portuguese Intensive Course".

Fonte: Diário de Aveiro

Unha falante nativa de nluu en Suráfrica decide ensinar a súa lingua para salvala da extinción

O nluu é unha lingua nativa da República de Suráfrica mais as novas xeracións xa non a falan pola presión doutros idiomas oficiais. Katarina Esau, unha das súas últimas falantes, decidiu embarcarse nun proxecto de aprendizaxe a nenos e nenas para salvala da extinción.

Fonte: BBC

O Goberno de Australia simplificará a proba de inglés para obter a nacionalidade australiana

Ante as críticas que defenden a súa dificultade, o Goberno de Australia vai simplificar a proba que se realiza para que persoas doutros países poidan obter a nacionalidade australiana.

Fonte: Daily Mail

Unha universidade de Londres recoñecerá a lingua de signos como idioma estranxeiro

A University College de Londres recoñecerá a lingua de signos británica como idioma estranxeiro para o acceso á institución de ensino superior.

Fonte: The Irish News

A vila alentexana de Almodóvar celebra a lingua portuguesa

A vila alentexana de Almódovar acolle a segunda edición do festival "Escritas do Sul" que celebrará as diferentes expresións da lingua portuguesa como a música e a literatura.

Fonte: Sapo 24

Un dicionario podería salvar da desaparición a antiga lingua miriwoong de Australia

Un centro cultural dunha localidade do norte de Australia acaba de publicar un dicionario de miriwoong que podería axudar a salvar esta lingua aborixe australiana da desaparición. Actualmente, menos de 10 persoas conseguen falala con fluidez.

Fonte: ABC News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder