Mundo
Unha proposta parlamentaria quere que o inglés sexa lingua oficial de Nova Zelandia
O partido político New Zealand First quere aprobar unha lei que recoñeza o inglés como lingua oficial de Nova Zelandia ao igual que o maorí.
Fonte: Newshub
O proxecto de Macron de expandir a francofonía polo mundo recibe críticas do Congo
O académico e poeta congolés Alain Mabanckou criticou con dureza o proxecto do presidente francés Emmanuel Macron de converter o francés en lingua de comunicación internacional. Segundo o autor, a iniciativa necesita unha profunda revisión porque pode ser un instrumento de imperialismo francés sobre as súas antigas colonias.
Fonte: The Guardian
A BBC lanza servizos de noticias en igbo e iorubá en Nixeria
A corporación británica BBC lanzou servizos de noticias en liña en dúas linguas de Nixeria, o igbo e o iorubá.
Fonte: The Citizen
O cantón de Friburgo podería introducir o portugués como lingua curricular
Responsables do Instituto Camões de Portugal e do Goberno do cantón de Friburgo, en Suíza, están estudando a posibilidade de que o portugués poida ser lingua curricular no sistema educativo.
Fonte: Sapo 24
Os cidadáns irlandeses apoian que o gaélico conte con protección en Irlanda do Norte
Unha enquisa elaborada na República de Irlanda revelou que a maior parte dos irlandeses apoia que Irlanda do Norte aprobe unha lei que protexa e promova o gaélico.
Fonte: The Irish Post
Suíza celebra os oitenta anos da oficialización do romanche
Hai oitenta anos, os cidadáns suízos votaron a favor da oficialización do idioma romanche, falado no Cantón dos Grisóns. Con motivo deste acontecemento, a asociación que loita pola súa protección, pídelle axuda ao goberno xa que aínda corre risco de desaparecer.
Fonte: Swissinfo
Unha investigación podería achegar datos sobre as orixes das linguas
Unha investigación elaborada por científicos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts revelou que existe unha relación estreita entre algunhas pinturas rupestres e a orixe das nosas destrezas lingüísticas.
Fonte: PHYS
Unha investigación revela que intercambiar conversas cos nenos e as nenas potencia as súas habilidades lingüísticas
Un artigo publicado na revista científica Psychological Science revela que o intercambio de conversas coas nenas e nenos potencia as súas habilidades de expresión lingüística.
Fonte: Scientific America
O Parlamento de Portugal vota en contra de separarse do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa
A proposta parlamentaria do Partido Comunista de Portugal de desvincularse do Acordo Ortográfico foi rexeitada pola Asemblea da República con votos en contra de case todas as forzas políticas.
Fonte: Público
O estado de Michigan declara o inglés lingua oficial
A Casa de Representantes de Michigan (EUA) aprobou unha lei para declarar o inglés lingua oficial de todo o estado.
Fonte: The Washington Times
Boletín
Subscríbase ao boletín