Mundo

Diminúe con forza o número de alumnos que estudan linguas no Reino Unido

Os últimos datos mostran que se está producindo un forte descenso do número de alumnos dos primeiros anos do ensino secundario no Reino Unido.

Fonte: The Telegraph

O Goberno de Ontario creará unha universidade francófona

A ministra de Ensinanza Superior da provincia canadense de Ontario anunciou que se aprobará a lexislación necesaria para crear a primeira universidade francófona da provincia.

Fonte: The Star

Un estudo revela que os bebés bilingües procesan dúas linguas a partir dos vinte meses

Un grupo internacional de investigadores publicou un estudo que revela que os bebés que son educados en dúas linguas conseguen procesalas con eficacia a partir dos vinte meses de idade.

Fonte: Rdmag

Académicos da Universidade de Chicago publican un dicionario da lingua acadia

Un grupo de investigadores da Universidade de Chicago publicaron un dicionario da lingua utilizada na Mesopotamia hai máis de 2000 anos, o idioma acadio. Os 21 volumes da obra poden ser consultados en formato dixital.

Fonte: Sábado

O Goberno de Camerún prohibe unha canle en lingua inglesa

O Goberno de Camerún aprobou unha norma que lles prohibe aos cidadáns sintonizar unha canle de televisión en lingua inglesa que representa os intereses da minoría anglófona do país.

Fonte: BBC

O Banco de Irlanda elimina algúns servizos en gaélico irlandés dos caixeiros automáticos

O Banco de Irlanda decidiu eliminar algunhas operacións en gaélico irlandés dos seus caixeiros automáticos despois de constatar o baixo uso que tiñan entre os usuarios.

Fonte: RTÉ

Un estudo revela que o papel das nais e os pais é clave para salvar o gaélico escocés

Un estudo realizado por investigadores da Universidade de Strathclyde revela que o uso do gaélico escocés por parte dos pais e nais podería ser clave para garantir o futuro desta lingua.

Fonte: BBC

A canle France 3 emitirá unha serie gravada integramente en bretón

A serie de televisión Fin ar Bed, que significa "fin do mundo", será emitida integramente en lingua bretoa na canle pública de televisión France 3.

Fonte: Actu

O inglés podería desaparecer do ensino primario no cantón suízo de Lucerna

Os cidadáns do cantón suízo de Lucerna decidirán nunha votación se queren que se sigan ensinando dúas linguas estranxeiras no ensino primario. Se a opción que defende o ensino dunha soa lingua estranxeira ten apoio, a lingua inglesa pasará a impartirse só a partir do ensino secundario.

Fonte: Tribune de Genève

Un curso permite en Suecia achegar a lingua elfdaliana a persoas doutros países

Un curso na localidade sueca de Älvdalen permitiu achegar a lingua elfdaliana a 26 persoas doutras realidades lingüísticas. O elfdaliano provén do nórdico antigo e conserva particularidades arcaicas que non se atopan en ningunha outra lingua xermánica.

Fonte: The Local

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder