Mundo
A Escola Portuguesa de Cabo Verde triplicou o seu número de estudantes
A Escola Portuguesa de Cabo Verde comezará o novo ano académico co triplo de alumnado respecto ao ano pasado. Neste novo curso, a institución de ensino pasará a ter un total de 210 estudantes.
Fonte: Instituto Camões
O condado galés de Powys aproba unha iniciativa para promover a lingua galesa entre os máis novos
O condado galés de Powys lanzou a Carta da Lingua Galesa que axudará a promover o uso social do galés por parte do alumnado que asiste ás escolas de inmersión neste idioma.
Fonte: Abergavenny Chronicle
Profesorado do estado de California recibe formación para facer fronte á demanda de profesorado bilingüe
Cada vez máis distritos do estado de California apostan pola educación bilingüe nos seus centros de ensino. Para poder conseguir este obxectivo, un bo número de profesores que falan español como primeira ou segunda lingua están recibindo a formación necesaria para poder facer fronte a esta crecente demanda.
Fonte: EdSource
Crearase un novo fondo de ensino bilingüe inglés-francés nos EUA
O presidente francés, Emmanuel Macron, aproveitará a súa visita a Nova York para inaugurar na asemblea xeral da ONU un novo fondo para a creación de programas bilingües inglés-francés nos Estados Unidos de América.
Fonte: French Morning
Descende o número de falantes de linguas indíxenas no Canadá
Segundo os datos do último censo realizado no Canadá, o número de falantes de linguas indíxenas rexistrou un forte descenso. A pesar desta situación, cada vez hai máis demanda de profesores destas linguas.
Fonte: CBC
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí cunha serie de iniciativas organizadas por institucións públicas e privadas para promover o uso desta lingua no país austral.
Fonte: Atlas Obscura
Un estudo mostra que en Luxemburgo as matemáticas poden abordarse máis facilmente en alemán que en francés
Un estudo elaborado pola Universidade de Luxemburgo no Gran Ducado revela que no que atinxe á resolución de problemas complexos de matemáticas, a disciplina esixe maior tempo en francés que en alemán.
Fonte: Luxemburger Wort
A BBC quere expandir a súa influencia en África ofrecendo noticias en linguas nacionais
A Corporación de Radiodifusión Británica (BBC) está tentando estender a súa influencia en África por medio da difusión de noticias en linguas nacionais. As últimas mostras desta expansión son a apertura de sitios web en linguas nacionais de Etiopía e Eritrea.
Fonte: Quartz
Un estudo revela que as persoas cegas poden reprogramar certas partes do seu cerebro para a produción lingüística
Científicos da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) revelaron que as persoas con discapacidade visual poden dedicar ao desenvolvemento lingüístico as partes do cerebro utilizadas para a visión.
Fonte: New Scientist
O Partido Socialista portugués quere introducir o ensino doutra lingua estranxeira no ensino primario
O candidato socialista de Coímbra nas eleccións municipais, Manuel Machado, declarou que defende a introdución dunha segunda lingua estranxeira no primeiro ciclo do ensino primario.
Fonte: Diário de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín