Mundo

Tres alumnos da Universidade do Miño vencen o concurso mundial de tradución chinés-portugués

O concurso mundial de tradución chinés-portugués é unha iniciativa que pretende impulsar o intercambio de técnicas de tradución das dúas linguas entre estudantes de ensino superior.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Un novo mapa interactivo recolle todas as linguas rexionais de Francia

En Francia, existe unha centena de variedades de linguas rexionais de procedencia románica e xermánica, que agora aparecen recollidas nun mapa interactivo realizado por un equipo de investigación.

Fonte: France Info

Un programa da BBC sobre a lingua galesa levanta polémica entre os seus falantes

Un programa da BBC que lles preguntaba aos espectadores se o galés era un problema para o País de Gales levanta polémica entre os falantes e defensores da lingua galesa.

Fonte: Daily Post

O Goberno de Gales creará unha Comisión da Lingua Galesa

A creación dunha Comisión da Lingua Galesa será unha das novas medidas que introducirá o Goberno do País de Gales para acadar o reto do millón de falantes para 2050.

Fonte: Wrexham

A Oficina de Estatística do Canadá revela que cae o número de anglófonos no Quebec

A Oficina de Estatística do Canadá revela que diminuíu a proporción de falantes de inglés en Quebec entre 2011 e 2016.

Fonte: Montreal Gazette

Os novos datos do censo revelan unha caída dos falantes francófonos en Manitoba

Os últimos datos estatísticos publicados no Canadá revelan un claro descenso da poboación francófona na provincia de Manitoba.

Fonte: News Winnipeg

Un festival de música nos Azores terá un concerto en lingua de signos

O festival Azores Burning Summer, na illa de San Miguel (Azores), apostará polo ecoloxismo e a calidade musical e ofrecerá un concerto traducido á lingua de signos.

Fonte: Açoriano Oriental

A Universidade de Anveres desenvolve un proxecto de man robótica que emprega a lingua de signos

A Universidade de Anveres (Bélxica) está a desenvolver un proxecto de man robótica que é capaz de usar a lingua de signos. A idea será empregar este instrumento en lugares onde non haxa intérpretes desta lingua.

Fonte: Notícias ao Minuto

Mellora o rendemento académico do alumnado de linguas modernas do último ano de secundaria no Reino Unido

O alumnado do último ano do ensino secundario no Reino Unido (A-levels) obtivo, en comparación con outros anos, mellores resultados académicos en linguas modernas a pesar das críticas que defendían que os exames eran difíciles para o alumnado non nativo.

Fonte: The Telegraph

Paraguai celebra a semana da lingua guaraní

A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai organiza unha semana de actividades dedicadas á promoción e revalorización do uso do guaraní en todos os ámbitos sociais.

Fonte: La Vanguardia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder