Mundo
O Municipio de Barrancos quere que a fala local forme parte do patrimonio lingüístico nacional
O Municipio de Barrancos, situado na rexión portuguesa do Alentexo, quere que a fala local, o barranqueño, poida pertencer ao patrimonio lingüístico nacional.
Fonte: Sapo 24
Un membro do Parlamento do Quebec pronuncia un discurso en lingua mohawk
O membro do Parlamento do Quebec, Marc Miller, pronunciou por primeira vez na historia da cámara un discurso íntegro na lingua do pobo mohawk. Con este acto, o político quebequés espera que se melloren as relacións entre o executivo do Quebec e este pobo indíxena.
Fonte: The Guardian
Mafalda xa se pode expresar en guaraní
Despois de presentar en idioma guaraní o primeiro volume das historias de Mafalda, a coñecida personaxe de banda deseñada creada polo caricaturista Quino, a tradutora María Gloria Pereira está a punto de rematar a tradución doutras nove das súas obras.
Fonte: Midiamax
Unha lei fomentará o ensino bilingüe nos EUA
Unha proposta de lei sobre educación podería fomentar a incipiente educación bilingüe nas escolas públicas dos Estados Unidos.
Fonte: Daily Mail
O Goberno do estado indio de Bengala Occidental quere impor o ensino obrigatorio do idioma bengalí en Darjeeling
A decisión de declarar obrigatorio o ensino do bengalí no norte do estado indio de Bengala Occidental está provocando protestas por parte da poboación de fala nepalesa.
Fonte: Kathmandu Post
A Universidade de Toronto celebra os setenta anos de ensino do portugués
Ao longo do ano 2017 cúmprense 70 anos que a Universidade de Toronto comezou a impartir portugués como materia de ensino por medio do Programa de Estudos Lusófonos.
Fonte: Mundo Português
Reclaman máis axudas para a promoción das linguas inuit no Canadá
A presidenta da asociación que representa os pobos inuit da provincia canadense de Nunavut, Nunavut Tunngavik, declarou que o Goberno do Canadá debe destinar máis axudas á promoción das linguas deste pobo nativo.
Fonte: CBC
Unha escola de Bos Aires ofrece ensino bilingüe chinés-español
Unha escola do barrio bonaerense de Parque Patricios ofrece un ensino completamente paritario en chinés e español. O centro abriu as súas portas en 2014 ante a aumento crecente de poboación procedente da República Popular China.
Fonte: La Nación
Unha protesta demanda que Ottawa sexa unha cidade bilingüe a todos os efectos
Centos de persoas achegáronse á capital canadense de Ottawa para demandar que se adopte de xeito claro e rotundo o estatuto oficial de cidade bilingüe francés-inglés.
Fonte: Radio Canada
Dous centros de educación infantil en lingua inglesa abrirán en Copenhague
O Concello de Copenhague, en Dinamarca, anunciou que na cidade abrirán dous centros de atención en lingua inglesa para fillos de profesionais estranxeiros.
Fonte: The Local
Boletín
Subscríbase ao boletín