Mundo
Unha organización dotará de alfabeto dixital á lingua do pobo rohingya
A organización sen ánimo de lucro Consorcio Unicode dotará á lingua do pobo rohingya, orixinario de Myanmar, un alfabeto para poder empregala no ámbito dixital.
Fonte: The Guardian
Académicos de Arabia Saudita debaten en Riad os retos aos que se enfronta a lingua árabe
Con motivo do Día Mundial da Lingua Árabe, académicos reúnense na capital de Arabia Saudita para debater os retos que a lingua afronta no panorama globalizado actual.
Fonte: Al Arabiya
Un proxecto busca fortalecer a lingua tupí da Amazonia
Un proxecto de tradución da Universidade de São Paulo que consiste na publicación dun libro con historias en lingua tupí busca fortalecer esta lingua indíxena falada na Amazonia brasileira.
Fonte: Jornal da USP
California convoca axudas para incrementar o número de profesores bilingües no estado
O Departamento de Educación de California outorgará axudas a distritos escolares e municipios para promover o ensino bilingüe nas escolas.
Fonte: EdSource
Novas directrices promoverán unha linguaxe máis inclusiva entre as forzas armadas do Reino Unido
Altos cargos do exército defenderon no Reino Unido o uso dunha linguaxe máis inclusiva nas forzas armadas.
Fonte: The Telegraph
Aumenta o número de centros de ensino en lingua inglesa en Suecia
De acordo co xornal Svenska Dagbladet. o número de centros de ensino que imparten as súas clases en inglés aumentou en Suecia nos últimos anos.
Fonte: The Local
O líder dunha comunidade indíxena de Nova Escocia quere que a súa lingua sexa declarada oficial
O líder da principal Primeira Nación de Nova Escocia, Leroy Denny, manifestouse a favor de demandar ao Goberno da provincia que a lingua micmac poida ser declarada oficial.
Fonte: CBC News
O municipio de Tallin comprará novos programas de televisión en lingua rusa
O municipio de Tallin, capital de Estonia, anunciou que comezará os trámites para adquirir novos programas en lingua rusa que se emitirán na canle Pervõi Baltiiski Kanal (PBK).
Fonte: ERR
O deporte internacional prescinde do español nas súas canles de comunicación en internet
O español está practicamente ausente das canles de comunicación na rede do deporte internacional, malia ser unha das linguas máis faladas do mundo. Proba disto é a súa ausencia da maioría de federacións internacionais de deportes olímpicos ou do portal web do COI.
Fonte: La Vanguardia
Unha nova ferramenta axudará a aprender idiomas coa tradución dos subtítulos de Netflix
Os subtítulos das series e as películas de Netflix poden axudar a aprender ou practicar unha lingua, unha tarefa que resulta máis sinxela coa ferramenta SUFLI que traduce estes subtítulos de maneira completa.
Fonte: TekCrispy
Boletín
Subscríbase ao boletín