Mundo
A Sociedade Dante Alighieri quere promover a lingua italiana en Albania
Unha delegación da Sociedade Dante Alighieri foi recibida en Tirana pola ministra de Educación e Deportes de Albania, Mirela Karabina, co fin de dar luz verde a un proxecto para a promoción da cultura e lingua italianas no país balcánico.
Fonte: 9 colonne
A vila galesa de Aberaeron rexistra un forte descenso no número de falantes de galés
A vila galesa de Aberaeron, no condado de Ceredigion, sufriu un forte descenso no número de falantes de galés. Entre as principais causas está a crecente taxa de emigración de habitantes a outras zonas.
Fonte: Cambrian News
A canle pública de televisión en galés incrementa o seu seguimento nas redes sociais
O informe anual da S4C, a canle pública de televisión en galés, revelou un incremento no uso dos seus servizos en liña en todo o Reino Unido. En palabras do seu director, Huw Jones, este incremento é unha boa noticia para o uso da lingua galesa.
Fonte: Daily Post
O Goberno da India asegura que non quere antepor o hindi a ningunha outra lingua
O ministro do Interior da India, Kiren Rijiju, responsable do Departamento de Linguas Oficiais, asegurou que o Goberno da India non ten a intención de antepor o hindi a ningunha outra lingua.
Fonte: Zeenews
A Academia Galega da Lingua Portuguesa convértese en membro consultivo da CPLP
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa decidiu conceder a categoría de observador consultivo á Academia Galega da Lingua Portuguesa na reunión ordinaria do Consello de Ministros celebrada en Brasilia.
Fonte: Galicia Confidencial
A Asemblea de Irlanda do Norte non consegue chegar a un acordo sobre a Lei da Lingua Irlandesa
Os principais partidos representados na Asemblea de Irlanda do Norte teñen dificultades para chegar a un acordo sobre a aprobación dunha lei que garanta protección e dereitos para os falantes de irlandés e outros idiomas falados no Úlster.
Fonte: Irish Times
A presenza do éuscaro aumentará no País Vasco francés
Os presidentes de Euskararen Erakunde Publikoa (EEP) e Euskaltzaindia asinaron o anexo relativo ao acordo marco para impulsar os traballos en éuscaro e favorecer a presenza da lingua na vida pública e nos eventos sociais.
Fonte: Noticias de Álava
O Goberno de Armenia refusa o ruso como lingua oficial
Despois de que un representante do Parlamento ruso lle suxerise ao Goberno de Armenia converter o ruso en lingua oficial, o país do Cáucaso informou, en palabras do director do Comité de Asuntos Exteriores da República de Armenia, Armen Ashotyan, de que a política lingüística actual non vai cambiar.
Fonte: Language Magazine
A Universidade de San Xosé en Macau convértese en membro consultivo da CPLP
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) decidiu atribuírlle á Universidade de San Xosé, en Macau, o estatuto de observador consultivo da organización. A institución leva anos contribuíndo a afondar as relacións académicas entre China e o mundo lusófono.
Fonte: Ponto final
As linguas indíxenas do Brasil están ameazadas
Aínda que non está clara a cifra total de linguas indíxenas que se falan no Brasil, todas as fontes coinciden en estimar que todas están en perigo de desaparición.
Fonte: O Povo
Boletín
Subscríbase ao boletín