Mundo

A Oficina de Estatística do Canadá revela que cae o número de anglófonos no Quebec

A Oficina de Estatística do Canadá revela que diminuíu a proporción de falantes de inglés en Quebec entre 2011 e 2016.

Fonte: Montreal Gazette

Os novos datos do censo revelan unha caída dos falantes francófonos en Manitoba

Os últimos datos estatísticos publicados no Canadá revelan un claro descenso da poboación francófona na provincia de Manitoba.

Fonte: News Winnipeg

Un festival de música nos Azores terá un concerto en lingua de signos

O festival Azores Burning Summer, na illa de San Miguel (Azores), apostará polo ecoloxismo e a calidade musical e ofrecerá un concerto traducido á lingua de signos.

Fonte: Açoriano Oriental

A Universidade de Anveres desenvolve un proxecto de man robótica que emprega a lingua de signos

A Universidade de Anveres (Bélxica) está a desenvolver un proxecto de man robótica que é capaz de usar a lingua de signos. A idea será empregar este instrumento en lugares onde non haxa intérpretes desta lingua.

Fonte: Notícias ao Minuto

Mellora o rendemento académico do alumnado de linguas modernas do último ano de secundaria no Reino Unido

O alumnado do último ano do ensino secundario no Reino Unido (A-levels) obtivo, en comparación con outros anos, mellores resultados académicos en linguas modernas a pesar das críticas que defendían que os exames eran difíciles para o alumnado non nativo.

Fonte: The Telegraph

Paraguai celebra a semana da lingua guaraní

A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai organiza unha semana de actividades dedicadas á promoción e revalorización do uso do guaraní en todos os ámbitos sociais.

Fonte: La Vanguardia

O Proxecto de Lei orgánica de dereitos lingüísticos dos pobos e nacionalidades de Ecuador pasa o seu primeiro debate

Este proxecto de lei ten como obxectivo recoñecer e garantir os dereitos individuais e colectivos dos pobos e nacionalidades con tradición lingüística propia.

Fonte: El Comercio

Publican un dicionario de kusunda, unha das moitas linguas de Nepal en perigo de extinción

Coa publicación do dicionario preténdese evitar a morte deste idioma, o kusunda, unha lingua illada, sen relación con ningunha outra, que, segundo os estudos de campo, só dúas persoas falan con fluidez.

Fonte: Global Voices

Xuíces e fiscais peruanos asisten a un obradoiro de quechua que axudará ao acceso a servizos públicos dos pobos indíxenas

O obxectivo deste obradoiro é que o persoal que traballa na xustiza adquira destrezas de lectoescritura en quechua e coñeza a terminoloxía xurídica básica no ámbito penal nesta lingua.

Fonte: Gestión

O ensino do portugués encóntrase en expansión nas universidades chinesas

O vector desa expansión está na cidade chinesa de Macau e é froito dunha estratexia de difusión do portugués na China, onde o número de universidades que ensinan esta lingua se cuadriplicou, ao pasar de 6 a 23.

Fonte: BBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder