Mundo
Córsega reforza os seus lazos lingüísticos coa rexión sarda de Gallura
Saveriu Luciani, conselleiro executivo responsable da lingua corsa, reuniuse cos alcaldes dos municipios de Alta Gallura cos que asinou un acordo de cooperación que prevé, entre outras medidas, a creación dun centro cultural para promover a lingua e a cultura comúns.
Fonte: Corse-Matin
Publican un atlas lingüístico do Salvador
A Editorial Universitaria da Universidade do Salvador publica a obra Atlas lingüístico pluridimensional de El Salvador (ALPES) Nivel fonético, unha análise xeolingüística pluridimensional do español falado neste país.
Fonte: La Prensa Gráfica
A Carta da Lingua Francesa cumpre 40 anos
Cúmprense 40 anos da aprobación da Carta da Lingua Francesa, coñecida como lei 101, que converteu o francés en idioma oficial do Quebec.
Fonte: Huffington Post
Diminúe con forza o número de alumnos que estudan linguas no Reino Unido
Os últimos datos mostran que se está producindo un forte descenso do número de alumnos dos primeiros anos do ensino secundario no Reino Unido.
Fonte: The Telegraph
O Goberno de Ontario creará unha universidade francófona
A ministra de Ensinanza Superior da provincia canadense de Ontario anunciou que se aprobará a lexislación necesaria para crear a primeira universidade francófona da provincia.
Fonte: The Star
Un estudo revela que os bebés bilingües procesan dúas linguas a partir dos vinte meses
Un grupo internacional de investigadores publicou un estudo que revela que os bebés que son educados en dúas linguas conseguen procesalas con eficacia a partir dos vinte meses de idade.
Fonte: Rdmag
Académicos da Universidade de Chicago publican un dicionario da lingua acadia
Un grupo de investigadores da Universidade de Chicago publicaron un dicionario da lingua utilizada na Mesopotamia hai máis de 2000 anos, o idioma acadio. Os 21 volumes da obra poden ser consultados en formato dixital.
Fonte: Sábado
O Goberno de Camerún prohibe unha canle en lingua inglesa
O Goberno de Camerún aprobou unha norma que lles prohibe aos cidadáns sintonizar unha canle de televisión en lingua inglesa que representa os intereses da minoría anglófona do país.
Fonte: BBC
O Banco de Irlanda elimina algúns servizos en gaélico irlandés dos caixeiros automáticos
O Banco de Irlanda decidiu eliminar algunhas operacións en gaélico irlandés dos seus caixeiros automáticos despois de constatar o baixo uso que tiñan entre os usuarios.
Fonte: RTÉ
Un estudo revela que o papel das nais e os pais é clave para salvar o gaélico escocés
Un estudo realizado por investigadores da Universidade de Strathclyde revela que o uso do gaélico escocés por parte dos pais e nais podería ser clave para garantir o futuro desta lingua.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín