Mundo
O Goberno da República de Irlanda aproba un programa para promover o gaélico nas "gaeltacht"
O Goberno da República de Irlanda aprobou o primeiro de tres programas para promover a lingua gaélica nas zonas onde é o idioma predominante ou maioritario, as chamadas "gaeltacht". A medida permitirá que estas zonas poidan mellorar a súa economía sen descoidar a protección da lingua vernácula.
Fonte: Independent
O estado de Massachusetts reintroducirá a educación bilingüe nas escolas
O estado de Massachusetts (EUA) acaba de aprobar unha lei que permitirá ás escolas do estado retomar se o desexan a posibilidade de ofrecer clases en linguas nativas, algo que non estaba permitido desde hai 15 anos.
Fonte: Language Magazine
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal defende na ONU a importancia do portugués como lingua global
Nunha entrevista para ONU News, o ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, defendeu en Nova York que o portugués é unha lingua global e confía en que se converta en breve en idioma oficial das Nacións Unidas.
Fonte: O Povo
O presidente de Ucraína asina a nova lei que prohibe no ensino a oferta de materias en linguas minorizadas
O presidente de Ucraína, Petro Poroschenko, transformou en lei a norma que converte o ucraíno na única lingua de instrución do sistema educativo.
Europa conmemora o Día Europeo das Linguas
Como cada ano, a Comisión Europea celebra a diversidade lingüística da Unión Europea no Día Europeo das Linguas.
Fonte: European Commission
A BBC lanza un novo servizo de noticias en lingua coreana
A Corporación de Radiodifusión Británica (BBC) acaba de lanzar un servizo de noticias en lingua coreana que ofrecerá novas de actualidade, deportes, negocios e cultura por medio dun sitio web e unha canle de radio.
Fonte: The Jeju Weekly
O Instituto Politécnico de Macau e a Fundación Escola Portuguesa asinan un acordo para reforzar o portugués en China
A Fundación Escola Portuguesa de Macau (FEPM) e o Instituto Politécnico de Macau asinaron un protocolo de acción para desenvolver e fomentar o ensino da lingua portuguesa no interior de China.
Fonte: Observador
Inaugúrase en Andorra unha cátedra para promover a lingua portuguesa no ámbito universitario
A Universidade de Andorra acaba de inaugurar a Cátedra Camões que promoverá a investigación e o ensino en múltiples campos da lingua e cultura portuguesas.
Fonte: Mundo Português
Un servizo de asesoramento lingüístico completa 37 anos no Brasil
O servizo de asesoramento lingüístico Plantão Gramatical completou 37 anos no estado brasileiro de Ceará. Actualmente recibe por volta de 1000 consultas mensuais sobre aspectos de ortografía, morfoloxía, sintaxe e semántica da lingua portuguesa.
Fonte: Globo
A Biblioteca Nacional de Poesía de Londres lanza unha campaña para recoller obras en linguas ameazadas
A Biblioteca Nacional de Poesía de Londres acaba de lanzar unha campaña para recompilar obras poéticas escritas en linguas ameazadas para así preservalas para as xeracións futuras.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín