Mundo
Diminúe o número de canadenses que teñen o húngaro como lingua materna
A última análise estatística realizada polo Goberno do Canadá revelou que entre 2011 e 2016 se produciu un acusado descenso do número de cidadáns canadenses que teñen o húngaro como primeira lingua.
Fonte: Hungarian Free Press
O estado de California ten escaseza de intérpretes xudiciais de linguas diferentes ao inglés
Cun total de 220 linguas maternas, California é o estado máis diverso lingüisticamente dos EUA e seis millóns de persoas declaran que non poden falar inglés con fluidez. Ante esta situación, os tribunais do estado non conseguen ofrecer suficientes servizos de interpretación para satisfacer todas as necesidades lingüísticas.
Fonte: Los Angeles Times
A canle S4C estrea unha serie bilingüe inglés-galés
A canle pública de televisión en galés S4C estreará unha serie gravada en galés e inglés que espera atraer telespectadores que falen as dúas linguas. O programa tamén recibiu críticas daqueles que pensan que a canle debería ofrecer sempre contidos exclusivamente en galés.
Fonte: The Guardian
Londres terá unha nova escola infantil bilingüe inglés-chinés
Ante a forte demanda mostrada nos últimos meses e a crecente influencia de China como potencia mundial, unha institución educativa británica decidiu estender os seus servizos e abrir en Londres a súa segunda escola infantil bilingüe inglés-chinés.
Fonte: Day Nurseries
Documentan en Escocia unha nova lingua semellante ao scots
Un falante de 22 anos documentou por vez primeira a lingua falada nunha zona do centro de Escocia: o focurc. Trátase dunha variedade lingüística semellante á lingua escocesa ou scots.
Fonte: iNews
O Goberno de Ucraína quere garantir o desenvolvemento das linguas minoritarias
O ministro de Asuntos Exteriores de Ucraína, Pavlo Klimkin, declarou que o goberno quere garantir o desenvolvemento das linguas faladas polas diferentes minorías presentes no país eslavo.
Fonte: Kyiv Post
A Escola Portuguesa de Cabo Verde triplicou o seu número de estudantes
A Escola Portuguesa de Cabo Verde comezará o novo ano académico co triplo de alumnado respecto ao ano pasado. Neste novo curso, a institución de ensino pasará a ter un total de 210 estudantes.
Fonte: Instituto Camões
O condado galés de Powys aproba unha iniciativa para promover a lingua galesa entre os máis novos
O condado galés de Powys lanzou a Carta da Lingua Galesa que axudará a promover o uso social do galés por parte do alumnado que asiste ás escolas de inmersión neste idioma.
Fonte: Abergavenny Chronicle
Profesorado do estado de California recibe formación para facer fronte á demanda de profesorado bilingüe
Cada vez máis distritos do estado de California apostan pola educación bilingüe nos seus centros de ensino. Para poder conseguir este obxectivo, un bo número de profesores que falan español como primeira ou segunda lingua están recibindo a formación necesaria para poder facer fronte a esta crecente demanda.
Fonte: EdSource
Crearase un novo fondo de ensino bilingüe inglés-francés nos EUA
O presidente francés, Emmanuel Macron, aproveitará a súa visita a Nova York para inaugurar na asemblea xeral da ONU un novo fondo para a creación de programas bilingües inglés-francés nos Estados Unidos de América.
Fonte: French Morning
Boletín
Subscríbase ao boletín