Mundo

Un estudo revela que o proceso de adquisición lingüística dos neonatos comeza durante o embarazo

Un estudo elaborado pola Universidade de Kansas revela que a adquisición lingüística comeza durante a xestación xa que os fetos conseguen discernir certos elementos que diferencian as linguas, como, por exemplo, o ritmo.

Fonte: The University of Kansas

Unha campaña quere que o gaélico sexa patrimonio mundial da UNESCO

Unha campaña liderada por unha comisión parlamentaria busca que o gaélico escocés sexa patrimonio da humanidade.

Fonte: The Scotsman

A Sociedade Dante Alighieri quere promover a lingua italiana en Albania

Unha delegación da Sociedade Dante Alighieri foi recibida en Tirana pola ministra de Educación e Deportes de Albania, Mirela Karabina, co fin de dar luz verde a un proxecto para a promoción da cultura e lingua italianas no país balcánico.

Fonte: 9 colonne

A vila galesa de Aberaeron rexistra un forte descenso no número de falantes de galés

A vila galesa de Aberaeron, no condado de Ceredigion, sufriu un forte descenso no número de falantes de galés. Entre as principais causas está a crecente taxa de emigración de habitantes a outras zonas.

Fonte: Cambrian News

A canle pública de televisión en galés incrementa o seu seguimento nas redes sociais

O informe anual da S4C, a canle pública de televisión en galés, revelou un incremento no uso dos seus servizos en liña en todo o Reino Unido. En palabras do seu director, Huw Jones, este incremento é unha boa noticia para o uso da lingua galesa.

Fonte: Daily Post

O Goberno da India asegura que non quere antepor o hindi a ningunha outra lingua

O ministro do Interior da India, Kiren Rijiju, responsable do Departamento de Linguas Oficiais, asegurou que o Goberno da India non ten a intención de antepor o hindi a ningunha outra lingua.

Fonte: Zeenews

A Academia Galega da Lingua Portuguesa convértese en membro consultivo da CPLP

A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa decidiu conceder a categoría de observador consultivo á Academia Galega da Lingua Portuguesa na reunión ordinaria do Consello de Ministros celebrada en Brasilia.

Fonte: Galicia Confidencial

A Asemblea de Irlanda do Norte non consegue chegar a un acordo sobre a Lei da Lingua Irlandesa

Os principais partidos representados na Asemblea de Irlanda do Norte teñen dificultades para chegar a un acordo sobre a aprobación dunha lei que garanta protección e dereitos para os falantes de irlandés e outros idiomas falados no Úlster.

Fonte: Irish Times

A presenza do éuscaro aumentará no País Vasco francés

Os presidentes de Euskararen Erakunde Publikoa (EEP) e Euskaltzaindia asinaron o anexo relativo ao acordo marco para impulsar os traballos en éuscaro e favorecer a presenza da lingua na vida pública e nos eventos sociais.

Fonte: Noticias de Álava

O Goberno de Armenia refusa o ruso como lingua oficial

Despois de que un representante do Parlamento ruso lle suxerise ao Goberno de Armenia converter o ruso en lingua oficial, o país do Cáucaso informou, en palabras do director do Comité de Asuntos Exteriores da República de Armenia, Armen Ashotyan, de que a política lingüística actual non vai cambiar.

Fonte: Language Magazine

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder