Mundo
Os docentes galegos poderán ampliar o próximo curso a súa formación en linguas, educación dixital e ciencias e tecnoloxía
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o Plan anual de formación do profesorado para o curso 2017/18 que, ao igual que o anterior, seguirase estruturando en base ao Marco de competencias profesionais docentes. Ademais, introduce unha serie de novidades vinculadas aos novos programas educativos ata 2020.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno de Gales estuda obrigar as empresas privadas a ofrecer servizos en lingua galesa
O Goberno do País de Gales está estudando reforzar as medidas de protección e promoción da lingua galesa co obxectivo de acadar o millón de falantes en 2050. Ao abeiro destas medidas, as empresas privadas poderían estar obrigadas a ofrecer servizos en galés.
Fonte: BBC
O Brasil aproba un proxecto de lei que garante a contratación de intérpretes de lingua de signos
A Cámara Federal do Brasil aprobou un proxecto de lei que garante a contratación de intérpretes de lingua brasileira de signos nos órganos dependentes da administración pública.
Fonte: Felipe Vieira
O Concello de Wrexham quere promover o uso do galés entre os comercios locais
O Concello de Wrexham, no País de Gales, está realizando un estudo do uso do galés nas empresas locais co obxectivo de poder ofrecer formación e asesoramiento sobre o uso desta lingua.
Fonte: Wrexham
Un programa brasileiro ofrece formación para profesores de lingua inglesa
A Oficina de Formación de Persoal de Nivel Superior (CAPES, polas súas siglas en portugués) do Ministerio de Educación do Brasil ofrece un programa que ten como obxectivo a capacitación profesional de profesores de lingua inglesa nos EUA.
Fonte: 24 horas News
A lingua portuguesa ten cada vez maior demanda en Australia
O número de interesados en aprender portugués en Australia aumentou nos últimos tempos. Actualmente, un total de 650 persoas están a estudar portugués, declarou o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro.
Fonte: Sol
A crise que padece o Brasil ameaza un festival de artes en lingua portuguesa
O Festival Internacional das Artes de Lingua Portuguesa (Festlip), que reúne anualmente artistas dos países de lingua portuguesa no Río de Janeiro, pode ser cancelado este ano por falta de patrocinio, informou a súa organizadora, Tânia Pires.
Fonte: CM ao Minuto
Os cursos de verán de lingua portuguesa da Universidade de Macau rexistran unha participación récord
O Departamento de Portugués da Universidade de Macau (China) organiza os cursos de verán de lingua portuguesa que nesta 31 edición acollerán un total de 453 alumnos procedentes de lugares moi dispares. Trátase dunha cifra récord na historia da organización do evento.
Fonte: Ponto Final
O Goberno de Gales incrementará a oferta de ensino de inmersión en lingua galesa
O Goberno do País de Gales incrementará o número de escolas de inmersión en lingua galesa como unha das medidas para cumprir o obxectivo do millón de falantes en 2050.
Fonte: BBC
Un membro do Parlamento israelí advirte que o futuro do árabe está en perigo no Estado de Israel
O membro do Parlamento de Israel pola Lista Conxunta, Yousef Jabareen, advertiu das graves consecuencias que tería aprobar a lei que pretende eliminar a oficialidade da lingua árabe no Estado de Israel.
Fonte: The Jerusalem Post
Boletín
Subscríbase ao boletín