Mundo
A comisaria de linguas oficiais de Novo Brunswick quere promover o bilingüismo entre o funcionariado
A comisaria de linguas oficiais da provincia canadense de Novo Brunswick, Katherine d'Entremont, defendeu a necesidade de que máis funcionarios públicos sexan bilingües en inglés e francés.
Fonte: CBC
Un estudo revela que as linguas asiáticas son as que dan acceso ás mellores condicións salariais
Un estudo realizado polo sitio de busca de emprego Adzuna revelou que o xaponés, o chinés e o francés son as linguas que dan acceso a mellores condicións salariais no Reino Unido.
Fonte: Mirror
Un acordo permitirá o ensino da lingua coreana en escolas públicas de Filipinas
Un acordo asinado polo Departamento de Educación de Filipinas e a Embaixada da República de Corea permitirá que escolas de educación secundaria poidan impartir coreano por medio dun proxecto piloto especializado no ensino de linguas estranxeiras.
Fonte: Manila Bulletin
A cidade de Katmandú ofrecerá servizos en lingua newari
A capital do Nepal, Katmandú, ofrecerá servizos de atención en newari ou nepal bhasa, unha das principias linguas que se falan na cidade.
Fonte: Kathmandu Post
A falta de información en gaélico escocés levanta protestas contra o Museo Nacional de Escocia
Os defensores do gaélico en Escocia manifestaron o seu descontento despois de que o Museo Nacional de Escocia presentase unha exposición completamente en inglés sobre os levantamentos xacobitas.
Fonte: The Scotsman
A lingua sarda xa pode aprenderse na universidade en Italia
O ensino da lingua sarda entra por primeira vez nas aulas universitarias de Italia. A Universidade de Cagliari imparte un curso de lingua e cultura sarda de 60 horas.
Fonte: LiveUniCT
Australianos e outros anglófonos teñen problemas para superar as probas de lingua do servizo de saúde británico
As probas de lingua inglesa que se realizan no Reino Unido para acceder ao Servizo Nacional de Saúde están supondo un obstáculo para moitos profesionais médicos estranxeiros, incluídos os australianos e outros falantes nativos de inglés.
Fonte: The Guardian
A ministra de Cultura de Angola anuncia medidas para a valorización das linguas nacionais
A ministra de Cultura de Angola, Carolina Cerqueira, anunciou que o goberno angolano vai promover o ensino e uso das linguas nacionais e realizar estudos sobre a variante do portugués falada no país africano.
Fonte: Diário de Notícias
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa celebra unhas xornadas en Lisboa para promover o portugués
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) organiza na sede da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa en Lisboa unhas xornadas co obxectivo de promover o portugués e a lusofonía.
Fonte: e-Global
O comisario da Lingua Irlandesa recibiu no ano 2016 un total de 768 queixas en materia de lingua
A oficina do comisario da Lingua Irlandesa da República de Irlanda rexistrou en 2016 un total de 768 queixas en materia de lingua, o récord desde a súa constitución en 2004.
Fonte: The Irish Times
Boletín
Subscríbase ao boletín