Mundo

Un deputado do Parlamento de Irlanda impulsa unha nova lei da lingua irlandesa

O deputado por Galway West no Parlamento de Irlanda, Seán Kyne, contará co apoio suficiente para aprobar unha nova lei que promova o desenvolvemento do gaélico en todo o país.

Fonte: Galway Bay Fm

O secretario de Estado da Cultura de Portugal aposta por aproveitar o potencial económico do portugués

O secretario de Estado da Cultura de Portugal, Miguel Honrado, mostrouse partidario de aproveitar o potencial económico da lingua e cultura portuguesas e apostou polo desenvolvemento e internacionalización da música nacional.

Fonte: CM Jornal

O Municipio de Barrancos quere que a fala local forme parte do patrimonio lingüístico nacional

O Municipio de Barrancos, situado na rexión portuguesa do Alentexo, quere que a fala local, o barranqueño, poida pertencer ao patrimonio lingüístico nacional.

Fonte: Sapo 24

Un membro do Parlamento do Quebec pronuncia un discurso en lingua mohawk

O membro do Parlamento do Quebec, Marc Miller, pronunciou por primeira vez na historia da cámara un discurso íntegro na lingua do pobo mohawk. Con este acto, o político quebequés espera que se melloren as relacións entre o executivo do Quebec e este pobo indíxena.

Fonte: The Guardian

Mafalda xa se pode expresar en guaraní

Despois de presentar en idioma guaraní o primeiro volume das historias de Mafalda, a coñecida personaxe de banda deseñada creada polo caricaturista Quino, a tradutora María Gloria Pereira está a punto de rematar a tradución doutras nove das súas obras.

Fonte: Midiamax

Unha lei fomentará o ensino bilingüe nos EUA

Unha proposta de lei sobre educación podería fomentar a incipiente educación bilingüe nas escolas públicas dos Estados Unidos.

Fonte: Daily Mail

O Goberno do estado indio de Bengala Occidental quere impor o ensino obrigatorio do idioma bengalí en Darjeeling

A decisión de declarar obrigatorio o ensino do bengalí no norte do estado indio de Bengala Occidental está provocando protestas por parte da poboación de fala nepalesa.

Fonte: Kathmandu Post

A Universidade de Toronto celebra os setenta anos de ensino do portugués

Ao longo do ano 2017 cúmprense 70 anos que a Universidade de Toronto comezou a impartir portugués como materia de ensino por medio do Programa de Estudos Lusófonos.

Fonte: Mundo Português

Reclaman máis axudas para a promoción das linguas inuit no Canadá

A presidenta da asociación que representa os pobos inuit da provincia canadense de Nunavut, Nunavut Tunngavik, declarou que o Goberno do Canadá debe destinar máis axudas á promoción das linguas deste pobo nativo.

Fonte: CBC

Unha escola de Bos Aires ofrece ensino bilingüe chinés-español

Unha escola do barrio bonaerense de Parque Patricios ofrece un ensino completamente paritario en chinés e español. O centro abriu as súas portas en 2014 ante a aumento crecente de poboación procedente da República Popular China.

Fonte: La Nación

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder