Mundo
Unha lei busca en Chile o recoñecemento dos dereitos lingüísticos como parte dos dereitos humanos
A Lei de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas en Chile é unha iniciativa que parte da sociedade civil indíxena e conta co apoio da Universidade de Santiago, sede de tres Congresos de Lingua que deron orixe e seguimento ao proxecto de lei.
Fonte: El Mostrador
Un total de 49 países do mundo celebra o Día da Lingua Portuguesa
O Instituto Camões anunciou que 49 estados de todo o mundo celebrarán este ano o Día da Lingua Portuguesa con iniciativas culturais como coloquios, conferencias e encontros literarios co fin de pór en valor o portugués como lingua de prestixio internacional.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo revela que as persoas bilingües teñen unha noción do tempo diferente
Un estudo elaborado por investigadores das universidades de Lancaster e Estocolmo revelou que as persoas que falan dúas linguas poden ter unha noción moi variada do tempo xa que as linguas abordan a temporalidade de xeito diferente.
Fonte: Independent
O presidente de Timor Leste apoia unha política clara de promoción da lingua portuguesa
O presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, defendeu que o país asiático debe investir máis esforzos na adopción dunha política que promocione claramente a lingua portuguesa, sobre todo no ámbito educativo.
Fonte: Diário de Notícias
O condado galés de Gwent non conta con suficientes profesores de galés
O condado galés de Gwent, no sur do País de Gales, non conta con suficiente profesorado para facer fronte á crecente demanda de clases de lingua galesa para adultos.
Fonte: South Wales Argus
O presidente da Comisión Europea declara que o inglés perde importancia na UE co Brexit
O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, declarou nunha conferencia celebrada en Italia que o inglés está a perder peso no conxunto das linguas da Unión Europea pola decisión do Reino Unido de abandonar o grupo de 28 estados.
Fonte: BBC
Israel quere que o árabe deixe de ser lingua oficial
Un grupo de ministros israelís aprobou o borrador dunha polémica lei que pretende rebaixar o status actual do árabe como segunda lingua oficial no país.
Fonte: Clarín
Un estudo dunha universidade alemá desmente o beneficio da aprendizaxe do inglés na primeira infancia
Un estudo elaborado pola Universidade Ruhr de Bochum, Alemaña, revelou que o alumnado que comeza a aprender inglés no primeiro ano da educación primaria non mostra mellores resultados académicos na materia que os escolares que comezan máis tarde.
Fonte: Science Daily
Os británicos móstranse menos remisos a aprender unha lingua estranxeira grazas ao Brexit
Novos datos publicados revelan que os cidadáns británicos están máis dispostos a aprender unha lingua estranxeira despois de que o país votase a favor de abandonar a Unión Europea.
Fonte: The Independent
Un vídeo mostra os diferentes acentos da lingua portuguesa no mundo
Entre as iniciativas que se presentaron para conmemorar o Día Internacional da Lingua Portuguesa destaca o vídeo Sotaques que tenta mostrar, por medio da lectura dunha pasaxe dun libro infantil de Valter Hugo Mãe, as diferentes variedades do portugués no mundo.
Fonte: El País Brasil
Boletín
Subscríbase ao boletín