Mundo
O Brasil emitirá visados a estudantes que proveñan de países de lingua portuguesa
O Congreso Nacional do Brasil aprobou o acordo que prevé a emisión de visados a estudantes de países de lingua portuguesa. A iniciativa beneficiará os seguintes países: Angola, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste.
Fonte: Radioagência Nacional
Un ministro do País de Gales avoga pola aprobación dunha lei da lingua irlandesa en Irlanda do Norte
O ministro responsable da lingua galesa no País de Gales, Alun Davies, animou os unionistas de Irlanda do Norte a apoiar unha lei que promova a lingua irlandesa e protexa os seus falantes.
Fonte: BBC
A ferramenta Microsoft Translator engade o xaponés á súa lista de linguas con tradución oral
A ferramenta de tradución Microsoft Translator inclúe agora o xaponés entre os idiomas que ofrecen tradución oral automática.
Fonte: Neowin
A Organización da Aviación Civil Internacional podería ter o portugués como lingua de traballo
A Comunidade das Autoridades de Aviación Civil Lusófona (CAACL) quere que o portugués se converta en lingua de traballo na Organización da Aviación Civil Internacional (ICAO), unha axencia especializada da ONU.
Fonte: Jornal de Negócios
Só un quinto dos habitantes das zonas de fala irlandesa usa a lingua nativa con regularidade
A Oficina Central Estatística da República de Irlanda revelou que nos últimos cinco anos se rexistrou un descenso alarmante do número habitual de falantes de gaélico nas “gaeltacht” ou zonas de fala irlandesa en todo o país.
Fonte: Irish Times
Portugal e Luxemburgo asinan un acordo para reforzar o portugués no ensino público luxemburgués
O secretario de Estado das Comunidades de Portugal, José Luís Carneiro, e o ministro de Educación luxemburgués, Claude Meisch, asinaron un acordo para a promoción e reforzo da lingua portuguesa no sistema educativo de Luxemburgo.
Fonte: Porto Canal
Cabo Verde quere destinar máis diñeiro á promoción da lingua portuguesa
O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, subliñou a importancia estratéxica do portugués e defendeu un maior investimento no Instituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A interrupción das negociacións en Chipre adiará a oficialización do turco na UE
A interrupción dos acordos para a unificación da illa de Chipre entre a República de Chipre e o norte de fala turca adiará a incorporación do turco á lista de 24 linguas oficiais da Unión Europea.
Fonte: Euractiv
Unha universidade chilena lanza un software para a aprendizaxe da lingua mapuche
A Universidade Católica de Chile creou o software Mapudungun Mew que facilitará a aprendizaxe da lingua do pobo mapuche.
Fonte: Nodal
O ministro de Educación do Brasil visita EUA para promover o ensino da lingua portuguesa
O ministro de Educación do Brasil, Mendonça Filho, viaxou aos Estados Unidos para iniciar as negociacións que garantan a difusión da lingua portuguesa no ensino.
Boletín
Subscríbase ao boletín