Mundo

O chinés mandarín ofrecerase como materia nos centros de ensino secundario en Luxemburgo

O Goberno de Luxemburgo quere normalizar o ensino do chinés mandarín nos institutos do Gran Ducado. A partir do próximo ano lectivo, algúns centros ofrecerán esta lingua desde o primeiro ano do ensino secundario obrigatorio.

Fonte: Delano

Unha asociación de profesorado de lingua de signos lanza unha campaña de recollida de sinaturas en Portugal

A Asociación de Formadores e Monitores Xordos de Lingua de Signos de Portugal iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para que o Goberno portugués recoñeza a capacidade docente destes profesionais.

Fonte: RTP

O Ministerio de Educación do Xapón revela que case 35 000 alumnos do sistema público non dominan a lingua do país

Un estudo realizado polo Ministerio de Educación do Xapón revelou que 34 335 alumnos das escolas públicas do país non dominan o xaponés. Esta cifra constitúe un 17,6 % máis que no anterior estudo.

Fonte: Japan Times

O Goberno de Gales seguirá apoiando un proxecto para concienciar os escolares galeses da necesidade de aprender linguas

Unha nova partida orzamentaria do Goberno de Gales permitirá que máis escolares galeses poidan beneficiarse do programa de Orientación sobre Linguas Estranxeiras. Por medio deste proxecto, alumnos de grao de catro universidades galesas visitan escolas de ensino secundario para concienciar o alumnado da necesidade de aprender linguas modernas.

Fonte: Daily Post

Certificar o coñecemento do inglés será un requisito para obter a nacionalidade australiana

O Parlamento de Australia aprobou un conxunto de medidas para obter a nacionalidade australiana. A partir de agora, as persoas que queiran ser nacionais de Australia deberán aprobar un exame de inglés.

Fonte: SBS

Un estudo mostra que hai grandes diferenzas entre o norte e sur do Reino Unido no que atinxe á aprendizaxe de linguas

Un estudo realizado polo British Council mostra que hai grandes diferenzas na aprendizaxe de linguas modernas por escolares de secundaria entre o norte e o sur do Reino Unido. Por exemplo, nalgúns distritos de Londres a porcentaxe de estudo de linguas estranxeiras sobe ao 75 % mentres que no norte de Inglaterra existen lugares onde esta cifra non chega ao 30 %.

Fonte: TES

O Goberno de Turquía comeza unha cruzada contra os vocábulos de orixe estranxeira

O presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, quere prohibir o uso de vocábulos de orixe estranxeira na lingua turca xa que considera que esta está ameazada polas influencias occidentais.

Fonte: The Economist

Unha petición demanda eliminar a obrigatoriedade da aprendizaxe do galés en secundaria

Unha petición asinada por 128 persoas demandará que o galés deixe de ser obrigatorio para obter o certificado de educación secundaria obrigatoria en Gales.

Fonte: South Wales Argus

Un estudo revela que o 16 % dos brasileiros non viaxa polo descoñecemento de linguas estranxeiras

Un estudo internacional realizado por unha plataforma mundial de reservas hoteleiras revela que un de cada seis adultos brasileiros (o 16 %) non viaxa polo mundo pola falta de coñecemento de linguas estranxeiras.

Fonte: Paranashop

O idioma checo falado na zona do Banato serbio está en perigo de desaparición

O Banato é unha rexión histórica do sueste de Europa que está dividida actualmente en tres países: Romanía, Serbia e Hungría. No Banato serbio vive aínda unha pequena comunidade de fala checa que está vendo como a súa lingua está cada vez máis ameazada.

Fonte: Radio Praga

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder