Mundo

Un curso en liña de ensino do portugués como "legado" chega agora ao Xapón

Un curso pensado para educadores e investigadores interesados no portugués como "legado" ou "herdo" está revolucionando o ensino da lingua portuguesa. Despois de pasar por Europa e os Estados Unidos, chega agora ao Xapón.

Fonte: PortalMie

A acreditación do coñecemento da lingua portuguesa puntuará agora para o acceso ás universidades estadounidenses

A partir de agora, os estudantes dos EUA poderán realizar o exame de coñecemento de lingua portuguesa para poder obter puntos de acceso ás institucións estadounidenses de ensino superior.

Fonte: Jornal Económico

O Tribunal Superior de Irlanda do Norte considera que o Goberno do Úlster non cumpriu a súa obriga en materia lingüística

O Tribunal Superior de Irlanda do Norte ditaminou nunha sentenza que o Goberno do Úlster faltou ao seu deber estatutario ao non adoptar unha lei da lingua irlandesa.

Fonte: Irish Legal News

Ghana introduce a aprendizaxe obrigatoria do francés no nivel básico de ensino

O ministro de Educación de Ghana confirmou que se introducirá a obrigatoriedade de aprender francés no ensino básico.

Fonte: GhanaWeb

Portugal e Macau crean unha rede de escolas de ensino secundario que potenciará a aprendizaxe do chinés e o portugués

A rede de escolas asociadas é un proxecto aprobado recentemente por Portugal e Macau co obxectivo de potenciar as relacións no eido da educación entre a República Portuguesa e China e que axudará a potenciar o ensino do chinés mandarín nas escolas portuguesas e do portugués nos centros macaenses.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

O condado galés de Denbighshire adopta unha política de promoción da lingua galesa

O condado galés de Denbighshire, no norte do País de Gales, aprobou un marco legal de cinco anos para a promoción e protección da lingua galesa.

Fonte: BusinessNewsWales

Os habitantes da provincia canadense de Yukón buscan estratexias para salvar as súas linguas nativas

O Consello das Primeiras Nacións de Yukón reuniuse co fin de buscar estratexias para revitalizar as linguas nativas que se falan nesta provincia do Canadá. Os últimos estudos mostran que o uso das linguas nativas sufriu un importante declive.

Fonte: CBC

Un novo estudo elaborado por Eurostat revela que o francés é aínda a segunda lingua estranxeira máis estudada na UE

Un novo estudo elaborado recentemente pola Oficina Estatística da Unión Europea (Eurostat) revelou que o francés se mantén aínda como a segunda lingua estranxeira máis estudada nos centros de ensino da Unión Europea, por diante do alemán e o español. O inglés continúa liderando esta lista.

Fonte: Le Figaro

Un estudo realizado pola Universidade de Zürich pon en dúbida os beneficios da aprendizaxe temperá da lingua inglesa

O cantón de fala alemá de Argovia publicou un estudo elaborado pola Universidade de Zürich que revela que o ensino precoz da lingua inglesa non presenta as vantaxes que tantas persoas esperaban.

Fonte: Swissinfo

O Consello de Europa critica o Goberno do Reino Unido por non facer suficiente para promover a lingua córnica

O comité encargado da protección das minorías nacionais do Consello de Europa criticou o Goberno do Reino Unido por reducir o orzamento destinado á promoción da lingua córnica, idioma propio de Cornualles, condado situado no extremo suroccidental de Inglaterra.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder