Mundo
Un estudo dunha universidade alemá desmente o beneficio da aprendizaxe do inglés na primeira infancia
Un estudo elaborado pola Universidade Ruhr de Bochum, Alemaña, revelou que o alumnado que comeza a aprender inglés no primeiro ano da educación primaria non mostra mellores resultados académicos na materia que os escolares que comezan máis tarde.
Fonte: Science Daily
Os británicos móstranse menos remisos a aprender unha lingua estranxeira grazas ao Brexit
Novos datos publicados revelan que os cidadáns británicos están máis dispostos a aprender unha lingua estranxeira despois de que o país votase a favor de abandonar a Unión Europea.
Fonte: The Independent
Un vídeo mostra os diferentes acentos da lingua portuguesa no mundo
Entre as iniciativas que se presentaron para conmemorar o Día Internacional da Lingua Portuguesa destaca o vídeo Sotaques que tenta mostrar, por medio da lectura dunha pasaxe dun libro infantil de Valter Hugo Mãe, as diferentes variedades do portugués no mundo.
Fonte: El País Brasil
A maioría dos habitantes da cidade sarda de Alguer está a favor da aprendizaxe e o uso do catalán
A enquisa de usos lingüísticos na cidade sarda de Alguer (2015) revela que máis do 77 % da poboación adulta está a favor de aprender e empregar o catalán e máis do 90 % avoga pola súa introdución, xunto co sardo, nas escolas. O estudo nace da colaboración entre o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Municipio de Alguer.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Facebook anuncia unha nova ferramenta de tradución automática para a súa rede
Facebook anunciou que está traballando nunha nova ferramenta para traducir en tempo real os contidos da súa rede social por medio dunha nova tecnoloxía que se coñece co nome de redes neuronais convolutivas (CNN, polas súas siglas en inglés).
Fonte: Engadget
O chinés será lingua opcional no ensino secundario de Cabo Verde
O Goberno de Cabo Verde anunciou que introducirá o chinés mandarín no ensino público do país africano. A iniciativa é froito dun acordo de colaboración entre o Ministerio de Educación e o Instituto Confucio da Universidade de Cabo Verde.
Fonte: e-Global
O estado australiano de Vitoria destina diñeiro á promoción dos servizos lingüísticos
O Goberno do estado australiano de Vitoria aprobou unha partida orzamentaria de 21,8 millóns de dólares para promocionar os servizos de tradución e interpretación e facer fronte así ás necesidades das comunidades locais.
Fonte: Neos Cosmos
Crean un sitio web para aprender grego moderno
A profesora grega Vasiliki Baskos creou un sitio web onde ofrece un método innovador de aprender grego moderno. Máis de 160 persoas de todo o mundo desenvolveron os seus coñecementos de grego por medio desta páxina.
Fonte: Tornos News
As linguas orixinarias de América Central corren perigo de desaparición
Un grupo de expertos lingüistas reúnese en América Central para avaliar a delicada situación dos seus idiomas nativos e para pór en común experiencias e iniciativas que permitan revitalizalos.
Fonte: Segundo enfoque
Un lingüista checo propón unha lingua eslava común
Un lingüista checo está a piques de rematar o seu proxecto de lingua eslava común que permitirá facilitar a comunicación entre falantes de diferentes idiomas eslavos.
Fonte: Total Croatia News
Boletín
Subscríbase ao boletín