Mundo
A Oficina Pública da Lingua Vasca e a Real Academia da Lingua Vasca promoverán o éuscaro en Iparralde
A Oficina Pública da Lingua Vasca no País Vasco francés e a Real Academia da Lingua Vasca asinaron un acordo de seis anos en Baiona para incrementar a presenza social do éuscaro en Iparralde.
Fonte: La Vanguardia
Asociacións francesas presentarán queixas polo slogan en inglés da candidatura de París 2024
Co obxectivo de preservar o idioma francés, un colectivo de asociacións anunciou que interporá un recurso contra o comité organizador dos Xogos Olímpicos de París 2014 por usar un slogan exclusivamente en inglés.
Fonte: Record
Unha revista da Universidade de São Paulo analiza a literatura en lingua portuguesa de Goa
Unha publicación semestral do Programa de Estudos Comparados de Literaturas de Lingua Portuguesa da Facultade de Filosofía e Letras e Ciencias Humanas da Universidade de São Paulo (USP), Via Atlântica, aborda na súa trixésima edición a literatura en lingua portuguesa do estado de Goa (India).
Fonte: Jornal da USP
Un libro mostra a diversidade lingüística do distrito neoiorquino de Queens
O libro Nonstop Metropolis: A New York City Atlas publicou un mapa que mostra a gran diversidade lingüística do distrito neoiorquino de Queens. A organización sen ánimo de lucro Endangered Language Alliance afirma que Queens é a rexión do mundo con maior riqueza lingüística.
Fonte: Business Insider
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro, a Unesco celebra o Día Internacional da Lingua Materna co fin de fomentar o pleno respecto cara ao uso da lingua materna no ensino e a aprendizaxe, e a promoción e preservación da diversidade lingüística. Este ano o día destínase á promoción da educación plurilingüe.
Fonte: The Indian Express
O presidente de Timor Leste defende a importancia do portugués
O presidente da República de Timor Leste, Taur Matan Ruak, defendeu o reforzo da lingua portuguesa no ensino, idioma que el mesmo considerou importante para o desenvolvemento do país asiático.
Fonte: Público
Os deputados galeses poderán falar galés nalgúns debates de Westminster
O Goberno do Reino Unido permitirá que os parlamentarios galeses en Westminster poidan empregar a lingua galesa en todos os debates que se celebren no Gran Comité Galés.
Fonte: ITV
Angola apostará por unha maior protección e valorización das linguas nacionais
O director do Instituto Nacional de Linguas de Angola, José Domingos Pedro, quere apostar por unha maior protección e valorización de todas as linguas maternas de Angola co obxectivo de evitar conflitos lingüísticos. A política lingüística actual defende o equilibrio entre o portugués e as linguas de orixe africana.
Fonte: Notícias ao Minuto
Unha asociación de Toronto quere documentar as linguas faladas na cidade
A Alianza de Linguas Ameazadas de Toronto embarcouse nun proxecto para documentar antes de que sexa demasiado tarde a gran diversidade lingüística que existe na cidade canadense.
Fonte: CBC
A BBC incrementará o número de programas en lingua inglesa na canle BBC Gales
A BBC incrementará nun 50 % o número de programas en lingua inglesa na canle de televisión BBC Gales. Con esta expansión, a entidade pública quere tamén chegar a un público máis novo e desenvolver os contidos en liña.
Fonte: WalesOnline
Boletín
Subscríbase ao boletín