Mundo
O Ministerio de Asuntos Exteriores portugués presenta unha nova plataforma para o ensino da lingua portuguesa
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal presentará a plataforma "Portugués máis preto" que está especialmente pensada para nenos e nenas de orixe portuguesa escolarizadas no estranxeiro.
Fonte: Sapo24
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea dálle luz verde a unha iniciativa cidadá para protexer as minorías lingüísticas
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deulle luz verde a unha iniciativa cidadá para garantir a protección dos dereitos das persoas que pertencen a minorías nacionais e lingüísticas. Entre as iniciativas está a creación dun centro de diversidade lingüística e loita contra a discriminación.
Fonte: La Vanguardia
O Parlamento de Portugal di non á revisión do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa
O Goberno de Portugal, en palabras do Ministro de Asuntos Exteriores, Augusto Santos Silva, rexeitou a revisión do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa proposta pola Academia das Ciencias de Lisboa.
Fonte: Diário de Notícias
Solicitan ampliar o número de canles de televisión e radio en lingua galesa
O grupo de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg solicitou a Londres que transfira a Cardiff a competencia referida á radiodifusión pública co fin de ampliar o número de canles de televisión e radio en lingua galesa.
Fonte: Daily Post
Un vídeo mostra o desprezo que aínda sofren os falantes de occitano en Francia
Publican unha curtametraxe que denuncia con exemplos tirados de diferentes producións audiovisuais a discriminación e o menosprezo que aínda sofren os falantes de occitano en Francia.
Fonte: Jornalet
Publican no Diario da República portuguesa dúas resolucións parlamentarias para o desenvolvemento do portugués
O Diario da República portuguesa publicou dúas resolucións parlamentarias que recomendan iniciar unha política activa a prol do desenvolvemento do portugués no ámbito internacional.
Fonte: Notícias ao Minuto
Os habitantes de Nova Escocia poderán aprender gaélico en Escocia
O Goberno de Escocia ofertará unhas bolsas para que habitantes da provincia canadense de Nova Escocia poidan aprender e perfeccionar o seu gaélico escocés na Illa de Skye (Escocia).
Fonte: Herald News
Demandan en Irlanda do Norte a aprobación dunha lei que garanta a protección do gaélico irlandés
Políticos de diferentes ideoloxías e activistas demandáronlle ao Goberno de Irlanda do Norte que aprobe unha política que garanta a protección e a promoción do gaélico irlandés.
Fonte: Belfast Telegraph
O estado de Mato Groso do Sur revisará a integración da materia de literatura na disciplina de portugués
Os deputados do Goberno brasileiro de Mato Groso do Sur queren reunirse con profesionais do ensino para debater e estudar a exclusión da literatura como materia no ensino secundario e a súa integración na disciplina de lingua portuguesa.
Fonte: Campo Grande News
Demandan ensino en lingua tibetana para nenos e nenas tibetanos da provincia chinesa de Sichuan
Un profesor universitario e membro do comité rexional da provincia chinesa de Sichuan demandou que se introduza o ensino en lingua tibetana para nenos e nenas de orixe tibetana que viven na cidade de Chengdu.
Fonte: The Tibet Post
Boletín
Subscríbase ao boletín