Mundo

Un encontro reivindica unha maior presenza en internet das linguas indíxenas de Bolivia

Un grupo de falantes de linguas indíxenas de Bolivia reuniuse nunhas xornadas para reivindicar unha maior presenza destes idiomas en internet.

Fonte: Global Voices

Cada 14 días morre un idioma no mundo

Segundo datos da Unesco, cada 14 días morre un idioma, unha tendencia que, de continuar así, suporía a perda da metade das linguas que se falan no mundo.

Fonte: HRN

Crean un tradutor automático de surcoreano e norcoreano para dispositivos móbiles

Unha organización sen ánimo de lucro surcoreana creou un tradutor automático que axude na perda da unidade lingüística entre as dúas Coreas xa que, como demostran os datos, os estudantes provenientes de Corea do Norte entenden menos do 50% dos termos que figuran nos seus libros de texto.

Fonte: El Comercio

Poñen en marcha un proxecto para aprender a falar linguas orixinarias a través dunha aplicación móbil

Kernaia é unha plataforma impulsada en México coa que se quere promover o ensino das linguas orixinarias deste país (como mixteco, purépecha, náhuatl ou zapoteco) e tamén doutras zonas de América Latina.

Fonte: Dinero en Imagen

O francés gaña terreo como lingua dos negocios

Grazas aos países francófonos do continente africano, o francés converterase no quinto idioma máis utilizado do mundo, o cuarto en internet e o terceiro no ámbito dos negocios.

Fonte: Ouest-France

Un estudo revela que as barreiras lingüísticas seguen sendo un obstáculo para a investigación científica

Un estudo da Universidade de Cambridge revela que as barreiras lingüísticas son aínda un obstáculo para o coñecemento da investigación científica no mundo xa que unha parte importante dos traballos que se publican son en linguas diferentes ao inglés.

Fonte: The Christian Science Monitor

O sueco adoptou 43 novas palabras no último ano

Un grupo de expertos do Consello da Lingua Sueca revelou que no último ano o sueco adoptou un total de 43 novas palabras.

Fonte: The Local

Portugal incentivará as empresas a apoiar a lingua portuguesa no estranxeiro

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal defendeu a necesidade de que as empresas portuguesas promovan a lingua portuguesa por medio do seu apoio a lectorados e cátedras de portugués no exterior.

Fonte: Observador

Un grupo de investigadores elabora un mapa da cidade de Manchester coas linguas máis faladas en cada zona

Un grupo de investigadores da Universidade de Manchester analizou as linguas máis faladas nesta cidade inglesa e elaborou un mapa que representa as diferentes comunidades lingüísticas que hai en cada zona.

Fonte: The University of Manchester

O Goberno de Irlanda do Norte elimina unha bolsa para a aprendizaxe do gaélico

O ministro norteirlandés Paul Givan anunciou que o Goberno de Irlanda do Norte retirará o financiamento a unha bolsa que potenciaba a aprendizaxe da lingua gaélica.

Fonte: The Irish Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder