Mundo

Protestan na rexión chinesa de Mongolia Interior polas restricións no uso da lingua mongol nas escolas

Un grupo de pais e nais protestou nunha cidade da rexión chinesa de Mongolia Interior polas restricións impostas polo Goberno chinés no uso da lingua mongol en centros de ensino.

Fonte: Radio Free Asia

As escolas de fala irlandesa son cada vez máis populares en Irlanda

Os beneficios asociados á educación bilingüe fan que os centros educativos de inmersión en gaélico irlandés sexan cada vez máis valorados. Nunha lista dos 10 mellores centros de ensino secundario en Irlanda, tres son de fala irlandesa.

Fonte: Irish Times

Os centros educativos de Cabo Verde impartirán portugués como segunda lingua

A ministra de Educación de Cabo Verde, Maritza Rosabal, anunciou que a partir do próximo ano lectivo o portugués será ensinado como segunda lingua. Con esta iniciativa, o Goberno caboverdiano quere fortalecer a aprendizaxe da lingua portuguesa no país.

Fonte: Expresso das Ilhas

Un estudo revela que o alfabeto máis antigo podería ser unha versión do hebreo actual

Un estudo realizado polo arqueólogo Douglas Petrovich da Universidade Wilfrid Laurier do Canadá revelou que o primeiro alfabeto coñecido podería ser unha versión temperá do hebreo actual.

Fonte: Science News

Unha nova lei suprime a obriga de traducir os escritos oficiais do Departamento de Educación de Irlanda do Norte

O Ministerio de Educación de Irlanda do Norte acaba de aprobar unha medida que eliminará a obrigatoriedade de traducir a correspondencia oficial ao gaélico irlandés e ao escocés de Irlanda do Norte (scots do Úlster).

Fonte: The Irish News

Comeza a retransmitirse o primeiro programa de noticias en quechua na televisión pública do Perú

TV Perú e Radio Nacional comezan a retransmitir o primeiro programa de noticias en lingua quechua do Perú.

Fonte: Jornalet

A Academia das Ciencias de Lisboa quere perfeccionar o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

A Academia das Ciencias de Lisboa quere perfeccionar o novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa por medio dun estudo co que aspira a presentar criterios máis uniformes.

Fonte: Diário de Notícias

Abrirá un novo Centro da Lingua Portuguesa no Senegal

Un novo Centro da Lingua Portuguesa do Instituto Camões abrirá as súas portas no Senegal, concretamente na rexión de Casamansa. Con este, o país africano conta xa con dous centros destas características que tentan facer fronte á importante demanda de ensino de portugués.

Fonte: Público

Comezan as obras de restauración do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo

O Goberno do Estado de São Paulo anunciou que en breve comezarán as obras de restauración do Museo da Lingua Portuguesa que fora parcialmente destruído por un incendio en 2015.

Fonte: Público

O Goberno da India quere que o hindi sexa lingua oficial das Nacións Unidas

A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o Goberno da India está facendo o posible para popularizar o hindi internacionalmente e convertelo en lingua oficial das Nacións Unidas.

Fonte: Hindustan Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder