Mundo
Un informe revela que un enfoque máis comunicativo axudaría a resolver a crise do ensino das linguas estranxeiras no Reino Unido
Un informe realizado por un organismo especializado no ensino de linguas estranxeiras mostra que adoptar un enfoque que se centre máis en vocabulario práctico e conversas do día a día axudaría a manter o interese polas linguas estranxeiras no sistema educativo do Reino Unido.
Fonte: TES
O Goberno do Canadá quere actualizar as leis que rexen o uso institucional das linguas inglesa e francesa
O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, anunciou a actualización das normas que rexen o uso institucional das linguas inglesa e francesa por parte do Goberno.
Fonte: CBC
Un novo organismo loitará polo desenvolvemento do éuscaro en Iparralde
Nace Euskal Elkargoa, unha nova institución que loitará pola promoción e o desenvolvemento do éuscaro no País Vasco francés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Unha mobilización demandará a inclusión do occitano no Museo das Civilizacións de Europa de Marsella
O Museo das Civilizacións de Europa e do Mediterráneo de Marsella non emprega a lingua occitana desde a súa inauguración en 2013. Unha acción simbólica reivindicará o seu uso no mes de decembro por medio do despregamento dunha bandeira co artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en lingua occitana.
Fonte: Jornalet
Unha acción xudicial pode tombar o Acordo Ortográfico nas escolas portuguesas
A Asociación Nacional de Profesores de Portugués presentou unha acción nos tribunais portugueses para que as escolas públicas poidan deixar de ensinar segundo o Acordo Ortográfico de 1990.
Fonte: Sermos Galiza
As escolas públicas occitanas denuncian que Francia rexeita o dereito á diversidade lingüística
Con motivo da xornada internacional dos dereitos da infancia, as escolas de lingua occitana Calandreta denuncian que Francia rexeita o dereito dos nenos e nenas á diversidade lingüística.
Fonte: Jornalet
O catalán de Alguer loita por sobrevivir
A pesar de ser a lingua habitual da poboación a principios do século XX, o catalán da cidade sarda de Alguer loita por sobrevivir: actualmente, só un cuarto dos seus habitantes a fala como primeira lingua.
Fonte: The New York Times
Integrantes da Garda Nacional Republicana de Portugal aprenderán a lingua de signos
Un total de 15 integrantes da Garda Nacional Republicana do distrito portugués da Guarda recibirá formación en lingua de signos portuguesa para poder comunicarse con persoas xordas.
Fonte: RTP
O dicionario Priberam actualízase con novos vocábulos
A empresa Priberam anunciou que acaba de publicarse unha nova versión do seu dicionario da lingua portuguesa que inclúe agora 26 novos vocábulos.
Fonte: PC Guia
O ministro de Educación de Marrocos aposta por expandir o ensino da lingua inglesa
O ministro de Educación de Marrocos, Rachid Belmokhtar, anunciou medidas para desenvolver o ensino do inglés como segunda lingua estranxeira no país.
Fonte: Morocco World News
Boletín
Subscríbase ao boletín