Mundo
A maioría dos funcionarios do Parlamento de Timor Leste inscribiuse nos cursos de formación de portugués
O 90 % dos funcionarios do Parlamento de Timor Leste están inscritos nos cursos anuais de lingua portuguesa.
Fonte: RTP
Francia garante a aprobación dun proceso de selección de docentes de occitano
A ministra francesa de Educación, Najat Vallaud-Belkacem, confirmou que é factible abrir un proceso selectivo de profesores de occitano no ensino público.
Fonte: Jornalet
O secretario executivo da CPLP considera que a aplicación do acordo ortográfico non é unha prioridade
O secretario executivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Murade Murargy, declarou que a aplicación do acordo ortográfico non debería ser unha prioridade e avogou pola comunicación entre todos os lusófonos.
Fonte: Rede Angola
Unha nena de catro anos abraia o mundo despois de demostrar que fala sete linguas
Unha nena rusa de catro anos abraiou o mundo tras demostrar nun concurso de televisión que pode falar sete linguas estranxeiras.
Fonte: Diário de Notícias
A Comisión Europea quere que as negociacións do Brexit se realicen en francés
O encargado da Comisión Europea de levar adiante as negociacións do Brexit, Michel Barnier, anunciou que desexa que estas se leven a cabo exclusivamente en francés. Esta decisión cambiaría a práctica habitual de optar polo inglés para abordar asuntos internacionais no seo da Unión Europea.
Fonte: Politico
Un proxecto quere crear unha tipoloxía dixital nunha lingua nativa de Colombia
Un proxecto apoiado polo Ministerio de Cultura de Colombia quere crear unha tipoloxía dixital para que os indíxenas da etnia wounaan poidan usar a súa lingua nativa no teclado dos ordenadores convencionais.
Fonte: Terra
Un municipio do País de Gales aproba medidas para fomentar e incrementar o uso do galés
O municipio galés de Wrexham (Wrecsam, en galés) quere desenvolver un programa de cinco anos que ten como obxectivo a promoción do uso do galés no ente municipal.
Fonte: LocalGov
O Ministerio de Cultura do Perú ultima unha lei sobre os dereitos dos falantes de linguas indíxenas
O Ministerio de Cultura do Perú e o goberno da rexión de Apurímac están a piques de aprobar unha lei que fortalecerá e protexerá os dereitos dos falantes das linguas indíxenas que se falan na zona.
Fonte: Crónica Viva
Un historiador defende a necesidade de garantir a supervivencia das linguas indíxenas de México
O historiador experto en filosofía indíxena, Miguel León-Portilla, defendeu a necesidade de que o Goberno de México desenvolva políticas que garantan a supervivencia das linguas indíxenas.
Fonte: Tele Sur
A nova produción de Disney será traducida á lingua tahitiana
A nova produción cinematográfica de Disney, Moana, será a primeira longametraxe traducida á lingua tahitiana.
Fonte: BOL
Boletín
Subscríbase ao boletín