Mundo
Un cuestionario escolar que separa diversas variedades dialectais do italiano causa un conflito diplomático
O Goberno británico publicou un cuestionario escolar que separaba a lingua italiana e outras dúas variedades do sur de Italia: o napolitano e o siciliano. Aínda que o obxectivo era garantir un bo ensino da lingua inglesa en función da orixe do alumnado, o formulario deu lugar a un conflito diplomático entre Reino Unido e Italia.
Fonte: Repubblica
Fortalécese o ensino do chinés nas escolas portuguesas
O Instituto Confucio comprometeuse a duplicar o número de profesores que destina a Portugal para fortalecer o ensino do chinés mandarín nas escolas.
Fonte: Diário de Notícias
O Instituto Politécnico de Macau ofertará unha licenciatura de portugués a partir do próximo ano
A partir do ano lectivo 2017/18, o Instituto Politécnico de Macau ofrecerá a licenciatura en lingua portuguesa e tradución.
Fonte: Observador
México aproba unha iniciativa que permitirá que os deputados falen linguas indíxenas na Cámara
A Cámara dos Deputados de México aprobou unha iniciativa que permitirá que os deputados falen linguas indíxenas na Cámara dos Deputados. A medida prevé a interpretación simultánea dos discursos que se pronuncien en tribuna.
Fonte: 24 horas
O Consello das Comunidades Portuguesas aposta por unha maior divulgación da lingua portuguesa en Macau
O ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão, reuniuse cos conselleiros das Comunidades Portuguesas para debater o peso que a lingua portuguesa debe ter no ensino público e privado da Rexión Administrativa Especial de Macau. No encontro, salientouse a necesidade dunha maior divulgación do portugués.
Fonte: Ponto Final
O sitio web do Parlamento Británico reúne todos os servizos en lingua galesa nun só espazo
O Parlamento do Reino Unido reuniu todos os servizos en lingua galesa nun único espazo virtual dentro do seu sitio web. A nova páxina virtual chámase "Y Gornel Gymraeg" (O recuncho galés).
Fonte: BBC
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia organiza a Semana da Lingua Italiana no Mundo
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia organiza do 17 ao 23 de outubro a Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema desta nova edición é o italiano e a creatividade.
Fonte: Libreriamo
Un de cada cinco estadounidenses fala unha lingua diferente ao inglés na casa
O novo censo realizado nos EUA revelou que 65 millóns de estadounidenses falan unha lingua diferente ao inglés no ámbito familiar. O árabe, o hindi e o urdú son as linguas que rexistraron un maior incremento.
Fonte: The Daily Caller
Parlamentarios británicos alertan da necesidade de tomar medidas para evitar unha crise lingüística no Reino Unido
Un grupo de parlamentarios do Reino Unido advertiu da necesidade de tomar medidas urxentes para evitar a falta de traballadores competentes en linguas estranxeiras cando o Reino Unido deixe de formar parte da Unión Europea.
Fonte: International Business Times
A maioría dos funcionarios do Parlamento de Timor Leste inscribiuse nos cursos de formación de portugués
O 90 % dos funcionarios do Parlamento de Timor Leste están inscritos nos cursos anuais de lingua portuguesa.
Fonte: RTP
Boletín
Subscríbase ao boletín