Mundo
As radios privadas francesas opóñense á lei que pretendía garantir o 4 % da música en linguas rexionais
As radios privadas francesas e os medios de comunicación francófonos rexeitan a medida que pretendía garantir un 4 % da música en linguas rexionais nos espazos radiofónicos.
Fonte: Jornalet
Un estudo revela que pensar nunha lingua estranxeira mellora a toma de decisións
Un grupo de psicólogos da Universidade de Chicago revelou nun estudo que o uso dunha lingua estranxeira pode influír na toma de decisións xa que axudaría a chegar a conclusións máis racionais e imparciais.
Fonte: Wired
Un estudo establece paralelismos entre sons e significados en palabras básicas de moitas linguas de todo o mundo
Científicos da Universidade Cornell de Nova York revelaron nun estudo que existe un padrón común entre fonética e significado á hora de construír palabras en máis de dous terzos das linguas do mundo.
Fonte: ABC
Cada vez máis chineses falan chinés mandarín
O servizo nacional de noticias de China informou de que máis do 70 % dos cidadáns chineses son competentes en chinés mandarín, un 17 % máis que ao final do século.
Fonte: Reuters
Un estudo revela que os cidadáns alemáns están a favor de que os refuxiados asistan a clases de lingua alemá
Unha enquisa realizada polo Instuto de Investigación Económica de Alemaña revela que a maioría dos cidadáns apoian a medida que obriga os refuxiados a asistiren a clases de alemán.
Fonte: Washington Post
O Instituto Politécnico de Macau inaugurará un laboratorio de tradución automática portugués-chinés
O Instituto Politécnico de Macau (IPM) inaugurará un laboratorio de tradución automática portugués-chinés, as dúas linguas oficiais da antiga colonia portuguesa. O proxecto contará co apoio de expertos procedentes de Portugal e o interior de China.
Bolivia alfabetizará nas súas linguas nativas
O Ministerio de Educación de Bolivia confirmou que a partir de 2017 alfabetizará en 36 linguas nativas co obxectivo de reducir aínda máis a taxa de analfabetismo no país andino.
Fonte: Prensa Latina
A construción dunha nova central nuclear en Anglesey podería ter un efecto nocivo para a lingua galesa
Organismos de apoio á lingua galesa rexeitaron a implantación dunha nova central nuclear na illa de Anglesey xa que pode pór en risco a lingua galesa. A empresa responsable declarou que as leis locais de protección do galés son "moi restritivas" e poderían obstaculizar o proxecto.
Fonte: Daily Post
A Sociedade de Xordos de Irlanda organiza actos para promover a lingua de signos
A Sociedade de Xordos de Irlanda (ISL, polas súas siglas en inglés) organiza unha serie de actos en Cork con motivo da Semana de Concienciación sobre a Lingua de Signos, falada en Irlanda por arredor de 40 000 persoas.
Fonte: Irish Examiner
A lei de mellora do ensino das linguas estranxeiras de Vietnam será sometida a revisión
O ministro de Educación de Vietnam anunciou que a lei de mellora do ensino das linguas estranxeiras nos centros públicos será sometida a unha profunda revisión.
Fonte: tuoitrenews
Boletín
Subscríbase ao boletín