Mundo
Denuncian que os candidatos a xuíces de Canadá non teñen a obriga de saber falar francés
Os candidatos deben ser “efectivamente bilingües”, o que significa que teñen que comprender francés a nivel oral e escrito sen necesidade de intérprete, pero non se require que saiban expresarse tamén nesta lingua.
Fonte: ICI
En 2017 haberá inspeccións en Bolivia para verificar que os funcionarios públicos saben algún idioma nativo
Soamente o 10,8 % dos funcionarios bolivianos sabe un idioma nativo, malia de que o prazo para que o aprendan finalizou hai un ano.
Fonte: La Razón
Investigadores estadounidenses analizan os cambios do quechua
Un grupo de investigadores estadounidense está a estudar a situación do quechua na poboación ecuatoriana de Salasaka. A través da realización de entrevistas analizan aspectos como a súa vitalidade e vixencia ou a convivencia co español.
Fonte: El Comercio
A Secretaría de Educación do Estado de São Paulo promoverá o ensino do xaponés nas escolas
Grazas á sinatura dun protocolo coa Fundación Xapón, fomentarase o ensino e a aprendizaxe da lingua xaponesa nas escolas do estado e a formación do profesorado.
Segundo unha enquisa, o 76 % da poboación do departamento francés de Pireneos Orientais está a favor do bilingüismo nas escolas
A enquisa foi realizada entre un total de 1700 persoas representativas da poboación e achega diversas conclusións sobre o emprego e o coñecemento do catalán na zona.
Fonte: La Vanguardia
Un foro e unha exposición fotográfica en Lima difundirán a lingua e a cultura jaqaru
A Universidade Nacional Maior de San Marcos, en Lima, acollerá o VI Foro cultural, o jaqaru: lingua e cultura (pasado, presente e futuro), no que participarán lingüistas, historiadores e arqueólogos.
Fonte: Andina
Preséntase un dicionario básico de mapuche
O Diccionario Básico del Idioma Mapuche preséntase no municipio arxentino de Quilmes o 19 de agosto.
Fonte: Perspectiva Sur
O Goberno de Ucraína quere converter o ucraíno nunha lingua de comunicación internacional
Segundo a ministra de Educación e Ciencia deste país, xa se desenvolveu unha norma internacional do ucraíno e preténdese introducir un exame para as persoas estranxeiras que o queiran aprender como segunda lingua.
Fonte: Sputnik
Os pobos orixinarios de Arxentina poderán formular denuncias na súa lingua
Os pobos orixinarios xa teñen á súa disposición formularios na súa lingua para levar a cabo xestións e denuncias ante o Valedor do Pobo de Arxentina.
Fonte: Segundo Enfoque
Celébrase en Paraguai a semana da lingua guaraní
Do 22 ao 27 de agosto celébrase a semana da lingua guaraní co obxectivo de promover e normalizar o uso oral e escrito deste idioma.
Fonte: Hoy
Boletín
Subscríbase ao boletín