Mundo
Inaugúrase o primeiro motor de busca en lingua tibetana
O motor de busca yongzin.com constitúe un portal unificado para os principais sitios web en lingua tibetana en China.
Fonte: Spanhish.China
As papeletas electorais de Bolivia incorporarán o idioma orixinario
Os Tribunais Electorais aprobaron o deseño das papeletas electorais nas que, como novidade, se incorporará o idioma orixinario como recoñecemento da plurinacionalidade de Bolivia.
Fonte: Eju
Un informe revela unha redución no estudo de linguas modernas no ensino secundario de Gales
O British Council mostrou a súa preocupación pola diminución do estudo de linguas modernas nos centros de ensino de secundaria no País de Gales. A organización denunciou que esta situación supón un prexuízo para a economía do país.
Fonte: ITV
O Brexit pode afectar negativamente aos centros de ensino de inglés no Reino Unido
Os centros de ensino do inglés no Reino Unido temen que a ruptura coa Unión Europea (Brexit) afecte negativamente ao número de matriculados. Ante a nova situación, o Goberno británico podería impor máis restricións á entrada de estudantes procedentes da Unión Europea.
Fonte: Financial Times
Crean unha aplicación para aprender a lingua pomerana
Un profesor do estado brasileiro de Espírito Santo creou a primeira aplicación para móbil que permite aprender a lingua pomerana, variedade do alemán falada nalgúns estados meridionais do Brasil.
Fonte: Globo
O ministro principal de Gales anuncia un plan para incrementar o número de falantes de galés
O ministro principal de Gales, Carwyn Jones, anunciou no festival nacional Eisteddfod un novo plan para incrementar o número de falantes de galés a un millón en 2050.
Fonte: BBC
Un sitio web da Universidade de Oxford realizará un estudo sobre usos lingüísticos
O sitio web Oxford Dictionaries, da Universidade de Oxford, creou a iniciativa #OneWordMap que pretende reunir opinións sobre palabras da lingua inglesa e realizar un estudo posterior por país.
Fonte: The Bookseller
Unha iniciativa do estado de California podería implantar a educación bilingüe nas escolas
A Asociación de Profesores de California quere levar adiante a iniciativa gobernamental que pretende implantar a educación bilingüe nas escolas do estado.
Fonte: The Sacramento Bee
A Bienal do Libro de São Paulo dedicará un espazo á lingua portuguesa
A 24 edición da Bienal Internacional do Libro de São Paulo dedicará un espazo expositivo de 120 metros cadrados ao Museo da Lingua Portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
O novo goberno indíxena da rexión canadense de Sahtu quere aprobar leis para protexer a súa lingua nativa
O novo goberno indíxena deline, na rexión de Sahtu, no noroeste do Canadá, quere aprobar leis que garantan a protección e promoción da lingua sahtu, falada polo 70 % da comunidade.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín