Mundo
Escocia estudará introducir o polaco nas escolas
O secretario de Educación de Escocia, John Swinney, declarou que o Goberno escocés vai estudar a introdución do polaco no currículo escolar.
Fonte: Herald Scotland
Unha canle de televisión emitirá o primeiro anuncio en lingua de signos do Reino Unido
A canle pública da televisión británica Channel 4 emitirá o primeiro anuncio en lingua de signos. O espazo televisivo de 30 segundos de duración emitirase inicialmente sen subtítulos.
Fonte: The Guardian
Unha escola primaria portuguesa introduce o ensino da lingua latina
A escola primaria Dom Diogo de Sousa de Braga (Portugal) participa nun proxecto piloto que pretende introducir o ensino do latín como lingua estranxeira viva.
Fonte: Correio do Minho
A Academia da Lingua Guaraní presenta a súa gramática oficial
A Academia da Lingua Guaraní oficializará nun acto público catro regras que permitirán normativizar aspectos gramaticais como o alfabeto e a acentuación.
Fonte: La Nación
Unha campaña en Gales apoiará o retorno de profesorado de lingua galesa
A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg demandoulle ao Goberno do País de Gales que destine diñeiro público a fomentar o retorno do profesorado de lingua galesa que vive fóra do país para que axuden a acadar o obxectivo do millón de falantes para 2050.
Fonte: Wales Online
Un estudo revela que Shakespeare non acuñou moitas expresións que lle atribúe o dicionario
Un investigador da Universidade de Melbourne (Australia) revelou que Shakespeare non acuñou moitas das expresións que o dicionario Oxford da lingua inglesa lle atribúe como propias.
Fonte: The Guardian
A cidade de Macau quere garantir e potenciar a docencia do portugués a partir deste ano lectivo
A cidade chinesa de Macau abre o novo curso académico nas escolas cun obxectivo: fomentar o ensino do portugués.
Fonte: Ponto Final
Municipios de Escocia desenvolverán un proxecto de aprendizaxe do inglés para refuxiados
Catro municipios de Escocia desenvolverán un proxecto de aprendizaxe da lingua inglesa para refuxiados procedentes de Siria. O obxectivo é ofrecerlles un espazo para practicar a lingua e potenciar así a súa integración.
Fonte: BBC
Un local de Cork prohíbelle a un empregado falar en irlandés
Asociacións a prol do gaélico en Irlanda inician unha campaña de protesta despois de que un pub de Cork prohibise a un empregado falar a lingua irlandesa durante a súa xornada laboral.
Fonte: Newstalk
Nace o Portal do Profesor, unha plataforma en liña para docentes de portugués
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) crea unha plataforma dirixida a docentes especializados en portugués.
Fonte: Açoriano Oriental
Boletín
Subscríbase ao boletín