Mundo
Vetan en Francia un sindicato por darlle preferencia ao éuscaro fronte ao francés
A CGT denunciou o sindicato LAB por non respectar o francés nin os valores republicanos e darlle preferencia ao éuscaro.
Fonte: El Diario
Un grupo folk busca coa súa música divulgar a lingua mirandesa
O grupo folk Trasga conta cun repertorio formado por temas exclusivamente en mirandés co obxectivo de promover esta lingua por medio da música.
Fonte: Público
A lingua catalá pódese estudar en 150 universidades de todo o mundo
Un total de 150 universidades de 28 países de Europa, América, Asia e Oceanía ofrecen clases de lingua e cultura catalás en colaboración co Instituto Ramon Llull.
Fonte: Punto Noticias
Reavívase o debate sobre a oficialidade do inglés nos Estados Unidos
Moitas organizacións estadounidenses reivindican que o inglés se converta en idioma oficial dun país onde o español xa ten máis falantes que esa lingua.
Fonte: TKM
A UE organiza cursos en portugués na rede dirixidos a deputados de Guinea-Bissau
Os deputados deste país africano poderán realizar cursos en liña sobre as técnicas de xestión das finanzas públicas en lingua portuguesa.
A axencia de noticias chinesa Xinhua lanza un portal en lingua portuguesa
O lanzamento deste portal en portugués por parte da axencia de noticias oficial Xinhua responde ao desexo de fomentar as relacións entre China e os países de lingua portuguesa.
Xa é posible utilizar Facebook en lingua hausa
O hausa é a lingua máis falada no oeste de África e a súa inclusión nesta rede social responde á vontade de Facebook de chegar a Nixeria, o país africano máis poboado.
Fonte: Le Point
A lingua kiliwa corre o risco de desaparecer
Malia que na práctica hai quen a considera unha lingua morta, o certo é que aínda existen persoas en Baixa California (México) que a falan.
Fonte: RT
O persa avanza no intento de converterse nunha das linguas científicas internacionais
A base de datos SCOPUS sitúa o persa como un dos idiomas científicos a nivel internacional, xa que en 2015 ascendeu dous postos respecto a 2014 e colocouse en décimo quinto lugar no mundo.
Fonte: ParsToday
Malia o seu status de lingua oficial dos Xogos Olímpicos, o francés apenas se está a utilizar nos de Río
O francés estase a empregar moi pouco na edición das olimpíadas deste ano en Río, malia que é, xunto co inglés, unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos.
Fonte: Le Figaro
Boletín
Subscríbase ao boletín