Mundo

A primeira ministra de Polonia pídelle a Theresa May que introduza o ensino do polaco nas escolas británicas

En visita oficial ao Reino Unido, a primeira ministra de Polonia, Beata Szydło, solicitoulle ao Goberno británico que aprobe medidas para atender a importante comunidade polaca no país. Entre as iniciativas, solicitou a introdución da lingua polaca nas escolas.

Fonte: Daily Mail

Unha proposición de lei debaterá a oficialización da lingua véneta

O Goberno da Rexión do Véneto debaterá unha proposición de lei para oficializar a lingua véneta e situala ao mesmo nivel có italiano.

Fonte: The Telegraph

A Academia Gascoa de Baiona organizará actos co fin de promover esta variedade da lingua occitana

A Academia Gascoa de Baiona, no País Vasco francés, organizará un bo número de actividades para conmemorar o seu noventa aniversario. Todos os actos teñen como obxectivo a promoción e revitalización da lingua gascoa que tamén se fala, xunto co éuscaro, nesta zona de Iparralde.

Fonte: Deia

Un programa educativo levará auxiliares nativos de lingua alemá a institucións de ensino brasileiras

O Ministerio de Educación do Brasil promove o Programa de Auxiliar de Ensino de Lingua Alemá que enviará profesores auxiliares desta lingua a 12 institucións de ensino superior brasileiras.

Fonte: Portal Brasil

A nova rexión de Occitana apoiará o desenvolvemento das linguas catalá e occitana

A presidenta da nova rexión francesa que leva o nome de Occitania, Carole Delga, declarou que o novo ente público apoiará o Centro Interrexional de Desenvolvemento do Occitano (CIRDÒC) e as linguas catalá e occitana.

Fonte: Jornalet

O Centro da Lingua Galesa de Cardiff pide axuda para garantir a súa supervivencia

O Centro da Lingua Galesa que abriu no edificio da antiga biblioteca no centro de Cardiff pediu axuda para poder seguir ofrecendo servizos en galés.

Fonte: BBC

O representante do Brasil perante a CPLP considera que o maior uso do portugués no eido internacional é un asunto político

O representante do Brasil perante a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Gonçalo de Barros Carvalho e Mello Mourão, declarou que o maior uso do portugués nos organismos internacionais é un problema eminentemente político e orzamentario.

Fonte: Agência Brasil

Unha iniciativa lembrará o mellor da música en lingua galesa do último medio século

Un grupo de persoas ligadas ao mundo da música e os medios de comunicación organizarán a xornada "Dydd Miwsig Cymru" que, por medio de concertos, espectáculos e mostras de arte, lembrará o mellor da música en lingua galesa dos últimos 50 anos.

Fonte: South Wales Evening Post

A Asemblea Nacional de Francia somete a votación novas medidas sobre as linguas rexionais

A Asemblea Nacional de Francia aprobou catro artigos dunha proposición de lei que quere introducir medidas para a promoción das linguas rexionais en diferentes ámbitos como o ensino.

Fonte: France 3

Protestan na rexión chinesa de Mongolia Interior polas restricións no uso da lingua mongol nas escolas

Un grupo de pais e nais protestou nunha cidade da rexión chinesa de Mongolia Interior polas restricións impostas polo Goberno chinés no uso da lingua mongol en centros de ensino.

Fonte: Radio Free Asia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder