Mundo
Adquirir varias linguas pode ser beneficioso para nenos e nenas autistas
Un conxunto de estudos científicos revela que a aprendizaxe de varias linguas pode ter efectos positivos para nenos e nenas autistas.
Fonte: Scientific American
Timor Leste agradécelle a Portugal o apoio mostrado na integración e consolidación do portugués
A viceministra de Educación de Timor Leste agradece a Portugal a axuda prestada na implantación de varios proxectos que permitirán reintroducir e consolidar a lingua portuguesa no país asiático.
Fonte: Correia da Manhã
Os falantes da lingua tének xa poden ler "O Principiño" no seu idioma
A lingüista Ana Kondic presentou a súa tradución ao tének da obra O Principiño, unha lingua tamén coñecida como huasteco que se fala nalgunhas comunidades indíxenas de México.
Fonte: La Jornada
A canle de televisión NBC fai presión para que os Xogos Olímpicos de Río teñan o inglés como lingua oficial
Co obxectivo de maximizar a súa audiencia, a canle NBC fixo presión para cambiar a lingua oficial da cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Río, para que esta fose en inglés e non en portugués.
Fonte: Economía Hoy
Dobran ao quechua varios filmes de éxito coa finalidade de revitalizar o uso deste idioma
O Goberno Rexional de Cuzco puxo en marcha unha iniciativa para dobrar ao quechua filmes como O rei león ou Star Wars, entre outros, co obxectivo de revitalizar o emprego desta lingua.
Fonte: La Prensa
Ponse en marcha en Australia un proxecto para promover a diversidade lingüística deste país a través dunha canción infantil
Nunha escola australiana de educación primaria crearon unha canción que leva por título “Marrin Gamu“ co obxectivo de fomentar as diferentes linguas indíxenas do país.
Fonte: GlobalVoices
O impulso da lingua sahtú será unha das prioridades do novo autogoberno indíxena da comunidade canadense de deline
O novo goberno da comunidade deline, que conseguirá a súa autonomía o 1 de setembro, pretende aprobar unha lei que garanta o coñecemento e o emprego da lingua sahtú na Administración.
Fonte: Nationalia
O Dicionario Priberam da lingua portuguesa enriqueceuse con máis de 800 novos termos no que vai de ano
Durante o primeiro semestre do ano 2016 este dicionario incorporou un total de 842 novas entradas e modificou 4328.
Fonte: Techenet
O Ministerio de Educación de Francia anuncia que incorporarán a lingua árabe ao sistema educativo
A partir do vindeiro curso escolar o árabe integrarase oficialmente no sistema educativo francés o que lles permitirá aos alumnos escollelo como segunda lingua estranxeira.
Fonte: Réalités
O Código de mercados públicos de Senegal xa está dispoñible en lingua wolof
A tradución do Código de mercados públicos ao wolof supón unha boa nova para o 90 % da poboación de Senegal que fala este idioma. É a primeira vez que este código está dispoñible nunha lingua nacional na Unión Económica e Monetaria de África Occidental.
Fonte: Ferloo
Boletín
Subscríbase ao boletín