Mundo

Poxarase o primeiro dicionario da lingua portuguesa

O primeiro dicionario da lingua portuguesa, editado en 1712, será poxado en São Paulo xunto a importantes obras da literatura brasileira.

Fonte: SRZD

Investigadores europeos mostran a evolución da fala dialectal no Reino Unido

Un grupo de investigadores dunha universidade británica e dúas suízas mostraron a distribución e evolución das falas dialectais do Reino Unido por medio de datos extraídos dunha aplicación móbil.

Fonte: PSFK

O inglés podería deixar de ser lingua oficial da Unión Europea

Unha vez analizados os resultados do referendo do Reino Unido, dous políticos franceses de diferente ideoloxía manifestáronse a favor de que o inglés deixe de ser lingua oficial das institucións europeas.

Fonte: RTP

A Universidade Federal de Río Grande do Sur quere transformar un dialecto xermánico en lingua

Un grupo de investigadores da Universidade Federal de Río Grande do Sur (Brasil) está facendo traballos de documentación para transformar o dialecto de orixe xermánica hunsriqueano en lingua brasileira de emigración.

Fonte: Pioneiro

Escocia quere liderar a provisión de servizos de interpretación en lingua de signos

Escocia está facendo esforzos para incrementar e liderar internacionalmente a provisión de servizos en lingua de signos, tal como demostra a nova oferta educativa de ensino superior da Universidade de Heriot-Watt en Edimburgo. Actualmente este centro de ensino ofrece un grao, un mestrado e un doutoramento en diferentes variedades desta lingua.

Fonte: Herald Scotland

A freguesía portuguesa de Alvaräes inicia un programa de tempo libre que pretende preservar a lingua portuguesa

O programa "Vacacións divertidas de verán", promovido pola freguesía portuguesa de Alvaräes, en Viana do Castelo, pretende fomentar a aprendizaxe e preservación da lingua e tradicións portuguesas entre nenos e nenas que pasan as vacacións de verán na zona.

Fonte: Rádio Alto Minho

As linguas crioulas de orixe portuguesa están ameazadas no continente asiático

A lingua portuguesa é orixe de variedades lingüísticas crioulas en Malaisia, Sri Lanka, India, Paquistán e China (Macau). Porén, estas variedades están en risco de extinción, tal como informaron expertos nunha conferencia en Malaca (Malaisia).

Fonte: Diário de Notícias

A Comisión Europea confirma que o inglés e o gaélico irlandés seguirán sendo linguas oficiais

A Comisión Europea confirma que os resultados do referendo no Reino Unido non supoñen ningunha ameaza para o status do inglés e o irlandés como linguas oficiais en Europa.

Fonte: The Times

A última versión do Skype incorpora o árabe e o hebreo

Skype presentou unha nova versión da súa aplicación que incorpora soporte lingüístico en dous idiomas que se escriben de dereita á esquerda: o árabe e o hebreo.

Fonte: Android Community

Nun barrio dun distrito neoirquino fálanse máis de 130 linguas diferentes

O barrio de Jackson Heights, no distrito neoirquino de Queens, acolle persoas de moitas culturas que falan unhas 130 linguas diferentes. Un bo exemplo é o mustang, un dialecto do tibetano orixinario das montañas do Himalaia.

Fonte: PRI

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder